A Xunta de Galicia ven de poñer en marcha unha versión actualizada do Celga 1 en liña, que permite por primeira vez a autoformación en lingua galega a través dunha ferramenta vencellada a el.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Xunta de Galicia ven de poñer en marcha unha versión actualizada do Celga 1 en liña, que permite por primeira vez a autoformación en lingua galega a través dunha ferramenta vencellada a el.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O proxecto de lei de estímulo económico pola covid-19 que quere aprobar a nova administración dos EUA incluirá unha partida de 20 millóns de dólares para preservar as linguas nativas americanas.
Fonte: Language Magazine
Algunhas escolas de linguas do Canadá solicitaron ao goberno que aplique medidas concretas que faciliten a chegada de estudantes internacionais e permitir así a continuación da súa actividade durante a pandemia.
Fonte: CBC
A popular aplicación de aprendizaxe de linguas, Duolingo, incluirá en breve o yiddish á súa extensa lista de cursos. Con esta incorporación, o número de cursos ascendará a 40.
Fonte: Jewish Insider
A Escola Galega de Administración Pública publicou a convocatoria de actividades de formación para o persoal da Administración local galega na que se oferta un curso de redacción de documentos técnico-xurídicos en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A web de Lingua Catalá, da Generalitat de Cataluña, incorpora 102 novos recursos didácticos do curso “Ep! Escolta i Parla”, que teñen como obxectivo facilitar o labor do profesorado de catalán para adultos, así como a aprendizaxe do alumnado.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, participou, xunto co presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, na presentación do congreso “Emilia Pardo Bazán 100 anos despois”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
No marco da ampla programación promovida pola Xunta de Galicia arredor do 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle o espectáculo Videopoética.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sven Gatz, ministro de Plurilingüismo da rexión de Bruxelas (Bélxica) declarou que conviría modificar a política lingüística actual de Bélxica para darlle máis peso ao inglés como lingua vehicular na capital belga.
Fonte: The Brussels Times
Esta Proposición non de lei (PNL) recolle parte do manifesto "Igualdade lingüística: liberdade, pluralismo e democracia" que impulsaron diferentes entidades sociais de defensa das linguas do Estado.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín