A Casa Museo de Rosalía de Castro acolleu o pasado sábado 20 de marzo a celebración do Día dos Medios en Galego co programa #MoitoqueSachar.
Fonte: Nós Diario
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Casa Museo de Rosalía de Castro acolleu o pasado sábado 20 de marzo a celebración do Día dos Medios en Galego co programa #MoitoqueSachar.
Fonte: Nós Diario
O Premio Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo e Sanabria ten como obxectivo divulgar a obra do escritor Antonio Fernández Morales entre o alumnado de galego desta área de Castela e León.
Fonte: InfoBierzo
Os Gobernos vasco e navarro, e a Mancomunidade de Municipios Vascos acaban de impulsar "Arnasa Gara", unha campaña que busca apoderar os municipios arnasgune (con presenza maioritaria do éuscaro) e a súa poboación.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Liceo de Ourense no acto de presentación do libro-disco Cantando a Carvalho Calero, unha obra que é resultado dun proxecto promovido polo profesor José Luis Fernández Carnicero.
O municipio portugués de Braga empregará a partir de agora intérpretes de lingua de signos nas asembleas municipais para facilitar a transmisión da información ás persoas con discapacidade auditiva.
Fonte: Semanário V
Como cada 21 de marzo, o mundo celebra o Día Mundial da Poesía, un dos máis valiosos modos de expresión cultural e lingüística da humanidade.
Fonte: United Nations
Unha sentenza histórica do Tribunal de Xustiza da Unión Europea deu a razón a un falante de gaélico de Galway ao decretar que a información que acompañe os produtos veterinarios que se comercialicen en Irlanda debe estar tanto en inglés como en gaélico irlandés.
Fonte: RTÉ
Grazas ao acordo asinado entre o Instituto Camões, a Dirección Xeral de Política e Defensa Nacional de Portugal e as Forzas Armadas de Guinea-Bissau, Portugal dará formación en lingua portuguesa a máis de 120 militares de Guinea-Bissau, tal como anunciou a embaixada portuguesa no país africano.
Fonte: SAPO
O I Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible está destinado a todos os membros da comunidade educativa da Universidade de Santiago e ten como obxectivo divulgar en galego as achegas da química sostible na resolución de problemas nos ámbitos da saúde, o ambiente e a industria.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Departamento de Cultura destinará 640 000 euros a axudas para a promoción da edición literaria, dos cales 515 000 serán para publicacións en éuscaro e 125 000, en castelán.
Fonte: El Diario Vasco
Subscríbase ao boletín