Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de marzo de 2021

    A plataforma Enllaçats per la Llengua, integrada por varias entidades en defensa do catalán, presentou un manifesto no que proclaman o dereito das persoas a vivir nesta lingua de maneira libre e plena.

    Fonte: Última Hora

    26 de marzo de 2021

    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu na Coruña á preestrea do filme Nación, obra da directora Margarita Ledo.

    25 de marzo de 2021

    A ministra de Educación de Angola, Luísa Grilo, anunciou que a partir do próximo ano lectivo se introducirá o ensino do inglés no primeiro ciclo da educación primaria.

    Fonte: RNA

    25 de marzo de 2021

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua deu a coñecer os gañadores dos II Premios Mil Primaveras, escollidos entre as 37 candidaturas presentadas. Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer e difundir iniciativas, campañas ou proxectos destinados ao fomento do galego e ao incremento do seu uso e prestixio.

    Fonte: Premios Mil Primaveras

    25 de marzo de 2021

    Errenteria, Lezo, Oiartzun e Pasaia convidan as persoas contribuíntes de Oarsoaldea a que realicen a declaración da renda en éuscaro e a relacionarse coa facenda foral nesta lingua.

    25 de marzo de 2021

    A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca axudas para o ano 2021 coas que se subvencionarán a escritura e produción de proxectos en versión orixinal galega, entendendo como tal a rodaxe/gravación en galego, co obxectivo de impulsar a creación e, ao mesmo tempo, contribuír ao cumprimento das tarefas que a Lei do audiovisual atribúe ao sector na normalización desta lingua.

    25 de marzo de 2021

    O proxecto #català947. La llengua catalana als municipis de Catalunya ten como obxectivo reforzar a cooperación en materia lingüística e poñer a disposición de todos os municipios de Cataluña unha nova ferramenta para o fomento do catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    24 de marzo de 2021

    A organización a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg solicitou ás persoas que falen galés que respondan ás preguntas do censo que se refiran á competencia en lingua galesa.

    Fonte: Nation Cymru

    24 de marzo de 2021

    O Ministerio de Educación da China distinguiu tres universidades onde se imparten programas en lingua portuguesa como de 'primeira clase'. Serían a Universidade de Linguas Estranxeiras de Dalian, a Universidade de Estudos Estranxeiros de Guangdong e a Universidade de Estudos Internacionais de Xangai.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    24 de marzo de 2021

    O Goberno vasco aprobou a renovación do convenio marco con Euskararen Erakunde Publikoa de Iparralde que establece a colaboración transfronteiriza en materia de política lingüística sobre o éuscaro. Así mesmo, aprobou tamén o convenio coas deputacións forais e Euskaltzaindia para a investigación e a difusión da lingua vasca.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder