Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de marzo de 2021

    Os Premios Xerais 2021 está destinados a orixinais en lingua galega nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil, dotadas cada unha con 10.000 euros.

    Fonte: Galicia Confidencial

    29 de marzo de 2021

    O Consell de Menorca, co obxectivo de impulsar o uso do catalán en empresas, asociacións e entidades deportivas da illa, destinará 40.000 euros en 2021 a apoiar a edición de libros, música e vídeos nesta lingua, así como a rotulación dos establecementos, a etiquetaxe ou as páxinas web.

    Fonte: Menorca.Info

    29 de marzo de 2021

    O proxecto Ekin, financiado por Spri, ten como obxectivo desenvolver mecanismos de interacción en éuscaro entre traballadores/as e máquinas. Recentemente presentóuselles aos grupos da plataforma Indeus, para conseguir documentación en lingua vasca e obter así o corpus necesario para a integración das solucións.

    29 de marzo de 2021

    A Casa de Rosalía, na Matanza, acolleu o concerto de presentación do proxecto discográfico “Rosalía cantada”, que dá ao prelo a Fundación Rosalía de Castro co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.

    27 de marzo de 2021

    A biblioteca de Birmingham acolle a maior colección de obras de William Shakespeare. O proxecto "Everything to Everybody" difunde diversos vídeos e lecturas da obra do bardo de Avon en moitas das case 100 linguas que se falan na cidade inglesa.

    Fonte: The Guardian

    26 de marzo de 2021

    Milleiros de persoas tomaron as rúas da cidade bretoa de Quimper (Kemper, en bretón) para reclamar un convenio entre os gobernos francés e bretón que impulse e garanta o ensino do bretón.

    Fonte: Nationalia

    26 de marzo de 2021

    Un informe sobre o uso do gaélico irlandés na radio alerta da necesidade de dar máis apoio ás emisoras para que produzan máis contidos nesta lingua.

    Fonte: The Irish Times

    26 de marzo de 2021

    A Xunta de Galicia vén de renovar a colaboración coa Real Academia Galega (RAG), que este ano incrementa un 7% a súa achega ata máis de 550.000 euros para contribuír tanto a manter as actividades culturais e de investigación lingüística da institución como para impulsar de xeito conxunto diversos actos arredor da figura de Xela Arias.

    26 de marzo de 2021

    Os concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo convocan unha nova edición de Enreguéifate, un certame de regueifas en vídeo que ten como obxectivo difundir a regueifa como forma de improvisación oral e contribuír á promoción do galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    26 de marzo de 2021

    A Cámara comprométese, coa aprobación dunha proposición non de lei, a interpretar en lingua de signos todo o que sexa de acceso público a través da web ou doutras canles de comunicación visual.

    Fonte: 20minutos

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder