Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de marzo de 2021

    O Departamento de Educación publicou a convocatoria de axudas individuais, para cursos realizados entre o 1 de setembro de 2020 e o 31 de agosto de 2021, dirixidas á aprendizaxe e o perfeccionamento do éuscaro entre o profesorado.

    Fonte: Gobierno de Navarra

    16 de marzo de 2021

    FOTO-termos é un concurso aberto a todo o alumnado da Universidade de Santiago que ten como obxectivo divulgar a terminoloxía en galego das tres titulacións que se imparten na Facultade de Xeografía e Historia.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    16 de marzo de 2021

    A terceira edición do programa de dinamización lingüística “21 Días co Galego e +”, da Xunta de Galicia, conclúe o reto coa lingua galega ao que se sumaron hai tres semanas máis de 3000 alumnas e alumnos de educación Primaria, ESO, Bacharelato e FP.

    15 de marzo de 2021

    A Asociación das Universidades de Lingua Portuguesa (Aulp, polas súas siglas en portugués) anunciou a creación do Premio Fernão Mendes Pinto 2021 que concederá oito mil euros aos traballos de mestrado ou doutoramento que aposten pola aproximación das comunidades de lingua portuguesa no mundo.

    Fonte: Medicina UFMG

    15 de marzo de 2021

    O Ministerio de Educación de Corea do Sur anunciou que vai incrementar o orzamento destinado á promoción da lingua coreana no estranxeiro dada a gran demanda que esta lingua está tendo grazas ao éxito do pop coreano no mundo.

    Fonte: The Korea Bizwire

    15 de marzo de 2021

    Escola Valenciana solicitoulle nun escrito á Consellería de Educación que os institutos non impartan o próximo curso menos do 50 % de horas en valenciano. Así mesmo, esixen máis persoal nos centros para aplicar con éxito o plurilingüismo.

    Fonte: Levante-EMV

    15 de marzo de 2021

    O documental ten como obxectivo recoller testemuños para coñecer a influencia do movemento das ikastolas de Navarra na recuperación, transmisión, promoción e difusión do éuscaro.

    Fonte: Pamplona Actual

    15 de marzo de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o músico Xoán Curiel na presentación do proxecto Treides comigo, un traballo que pon en valor as cantigas medievais galegas cunha mirada contemporánea.

    15 de marzo de 2021

    A Xunta de Galicia iniciará os actos conmemorativos do Día da Poesía co ciclo “Na Biblioteca de Galicia lese poesía” no que algunhas das voces máis representativas da literatura galega actual lerán e interpretarán poemas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de marzo de 2021

    O ministro de Educación de Ontario, Stephen Lecce, anunciou que os centros de ensino secundario da provincia canadense ofrecerán a materia de lingua de signos americana ou lingua de signos quebequesa como parte do currículo. 

    Fonte: The Globe and Mail

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder