Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de decembro de 2020

    O Goberno dos Azores, Portugal, publicou un programa dirixido a escolas, profesorado e alumnado que está centrado no desenvolvemento das linguas estranxeiras e as novas tecnoloxías.

    Fonte: RTP

    04 de decembro de 2020

    A web de novas tecnolóxicas Código Cero e o centro óptico e auditivo Ollar son as dúas empresas galardoadas na terceira edición do premio Lingua e Empresa que convoca o Concello de Ames. Trátase dunha distinción que pretende recoñecer publicamente a contribución ao incremento e á mellora do uso social do galego, así como promover a utilización desta lingua na actividade económica de Ames.  

    04 de decembro de 2020

    Unha enquisa en liña do Observatorio Vasco da Xuventude, dirixida a mozas e mozos de 15 a 29 anos, mostra un cambio de tendencia na lingua empregada para completala. Así, máis da metade, en concreto, o 52,3 % respondeu en éuscaro, mentres que o 47,7 % restante utilizou o castelán.

    04 de decembro de 2020

    O compromiso e o activismo pola lingua non se detén en tempos de pandemia, senón que se reinventa para superar as barreiras que esta impón. Proba disto é a iniciativa Xabarín, coa que se busca mellorar a programación infantil e xuvenil en galego en televisión.

    Fonte: Nós Diario

    04 de decembro de 2020

    O CEIP do Foxo presentou a súa campaña de etiquetaxe en galego “Bicos a moreas”, unha iniciativa que chega á súa oitava edición e coa que se imprimirán 15 000 etiquetas, deseñadas polo alumnado do centro, para repartir entre os establecementos comerciais do municipio.  

    Fonte: Faro de Vigo

    04 de decembro de 2020

    BNG, Compromís, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid e Podemos rexistraron unha proposición non de lei no Congreso coa que se pretende acabar coas discriminación lingüística e garantir a pluralidade de linguas no Estado español e que recolle parte do manifesto ‘Liberdade, igualdade, democracia’ presentado por entidades de defensa das linguas cooficiais.  

    03 de decembro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no salón de actos do Pazo de San Roque, na presentación da nova publicación en liña do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática.

    03 de decembro de 2020

    Malia que a partida para promoción do asturiano sobe ata 2.077.271 euros, o que supón 172.641 euros máis en comparación con este ano, continúa representando o 0,04 % do total.

    Fonte: El Comercio

    03 de decembro de 2020

    Co gallo da celebración o 3 de decembro do Día Internacional do Éuscaro, o lehendakari leu unha declaración institucional, consensuada polo Goberno vasco, as tres deputacións forais, os concellos das capitais de provincia vascas, EUDEL e UEMA, no transcurso da primeira reunión do Consello Asesor do Éuscaro desta lexislatura.

    03 de decembro de 2020

    Os xornais escritos en linguas minorizadas, como o grego ou o armenio, están nunha situación precaria en Turquía ante a posibilidade de que o goberno recorte o financiamento do que subsisten.

    Fonte: SCF

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder