Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de decembro de 2020

    Un novo estudo publicado en JNeurosci revelou que o tempo que as crianzas están expostas ás linguas desde os primeiros momentos da vida pode determinar a súa función cerebral. 

    Fonte: EurekAlert

    02 de decembro de 2020

    A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) reuniuse cos dous candidatos a reitor para propoñerlles un decálogo de medidas para o uso do asturiano na Universidade de Oviedo, entre as que figuran a posta en marcha dun plan de normalización lingüística ou a posibilidade de examinarse e recibir coñecementos nesta lingua.  

    02 de decembro de 2020

    O Goberno vasco presentou o dicionario Feminismoa eta Berdintasuna, que inclúe termos básicos e os seus correspondentes conceptos e definicións en materia de feminismo e igualdade, tanto os establecidos na lexislación vixente como os xurdidos dos movementos sociais.

    Fonte: El Diario Vasco

    02 de decembro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no salón de actos do Pazo de San Roque na presentación de Camiñantes do noso, unha miniserie documental xurdida ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia que pon en valor a visión dos anciáns sobre o Camiño de Santiago.

    02 de decembro de 2020

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o Parlamento Galego e o Foro Enrique Peinador convocan conxuntamente a XXVII edición dos Premios de Publicidade en Galego.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    01 de decembro de 2020

    Un grupo de nais e pais da vila vascofrancesa de Bardos uniuse para demandar a apertura dunha Ikastola, ou escola de inmersión en éuscaro.

    Fonte: Mediabask

    01 de decembro de 2020

    A empresa estatal de ferrocarrís franceses SNCF anunciou que en breve incorporará o catalán aos anuncios informativos sonoros na liña entre Toulouse e Portbou.

    Fonte: Ràdio Arrels

    01 de decembro de 2020

    As probas de lingua catalá da Dirección Xeral de Política Lingüística das Baleares celebraranse durante os meses de xaneiro e febreiro de 2021. Nelas inscribíronse 8122 persoas, o que supón un incremento de case 2000 inscricións respecto á última convocatoria.

    Fonte: Menorca

    01 de decembro de 2020

    A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren o prazo para propoñer palabras aspirantes a se converter na Palabra do Ano 2020, unha iniciativa organizada por ambas as entidades para difundir o léxico galego.

    01 de decembro de 2020

    O Instituto de Estudos Eivisencos organiza unha nova campaña para promover a participación no programa de Voluntariado Lingüístico, unha iniciativa que busca dinamizar o uso social do catalán na illa a través da formación de parellas lingüísticas e encontros en grupo.

    Fonte: Diario de Ibiza

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder