Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de decembro de 2020

    Dous traballos académicos e dous TFG gañan a terceira edición dos certames ‘Escolle en galego’ e ‘O teu traballo ten premio’, dotados con máis de 500 euros. Estes certames están organizados pola Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago e buscan incentivar o uso do galego entre o seu alumnado.

    01 de decembro de 2020

    A axencia de publicidade Freshysweet, formada por alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, presentan unha nova edición da iniciativa “Usa a lingua”, un ciclo de coloquios e actuacións que este ano se desenvolve de xeito virtual a través de Instagram.

    Fonte: Universidade de Vigo

    01 de decembro de 2020

    Unha docente da Universidade da Coruña recoñeceu usar un tradutor automático para corrixir o traballo dun alumno redactado en galego, un feito que este denunciou nas redes sociais e polo que xa recibiu as desculpas da UDC.

    Fonte: Galicia Confidencial

    01 de decembro de 2020

    O novo festival Mar de cultura, impulsado pola Xunta de Galicia, encherá Vigo de música desde o Museo do Mar de Galicia. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha o evento musical, 100% galego, no que se darán cita oito dos artistas e formacións máis coñecidas de Galicia.

    30 de novembro de 2020

    O condado de Escania, no sur de Suecia, financia un programa de clases voluntarias de árabe para o persoal das librarías co fin de ofrecer unha mellor atención á crecente poboación procedente de Oriente Medio e o norte de África.

    Fonte: TRT World

    30 de novembro de 2020

    Unha falante de gaélico irlandés rexistrou unha petición na plataforma Change.org para solicitar a Netflix que adquira máis contido audiovisual nesta lingua. A solicitude xa chegou ás 3500 sinaturas.

    Fonte: Irish Central

    30 de novembro de 2020

    O Goberno balear concedeu axudas por valor de 575 000 euros a medios de comunicación en catalán do arquipélago, tanto prensa como publicacións especializadas, radio e televisión. Con esta liña de subvencións o executivo busca garantir o dereito lingüístico da cidadanía a recibir información nesta lingua.

    30 de novembro de 2020

    O dicionario normativo de aranés xa está dispoñible en liña. Conta cunhas 10 800 entradas, que incorporan a equivalencia catalá, 13 000 definicións, 1000 topónimos, 430 exemplos e 770 sinónimos.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    30 de novembro de 2020

    As empresas vascas Elhuyar, Skura e Talaios comezaron a traballar no proxecto Mycroft.eus para crear un asistente virtual que interactúe coas persoas en éuscaro, para o cal empregan tecnoloxías centradas na intelixencia artificial e o deep learning.

    Fonte: Spri

    30 de novembro de 2020

    O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentou en Pontevedra unha campaña que, baixo o lema 'O único xeito de apoiar a cultura é gozala', ten como obxectivo promover o consumo de produtos culturais galegos. Difundirase nas rúas comerciais das cidades de Galicia, nos medios de comunicación e nas principais redes sociais como Instagram, Spotify ou Tik Tok.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder