Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de novembro de 2020

    O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na rolda de prensa de presentación do Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con barqueira e remador”, que celebrará a partir do 30 de novembro e durante unha semana a súa novena edición nun formato totalmente en liña.

    26 de novembro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou Camposancos para coñecer o proxecto Anónimas camposinas, promovido e desenvolto pola artista Gemma Marqués, autora de Anónimas. Retratos de musas cotiás, no marco das iniciativas do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.

    25 de novembro de 2020

    A organización do premio Océanos, que distingue cada ano as mellores obras publicadas en lingua portuguesa en diferentes países do mundo, revelou a súa lista de finalistas. Tres dos libros son de autoría portuguesa e 7 brasileira.

    Fonte: Observador

    25 de novembro de 2020

    Unha iniciativa destinada a difundir os fondos dos arquivos do Reino Unido sacou á luz no País de Gales unha interesante guía de conversa galés-inglés dirixida a turistas do século XIX.

    Fonte: The Guardian

    25 de novembro de 2020

    Ademais de palabras relacionadas coa pandemia do coronavirus, o Dicionario da lingua española recolle outras como "trol", "nacho", "finde", "gastrobar" ou "fascistoide". Trátase dunha actualización que suma máis de 2500 novidades, tanto emendas como incorporacións, que xa están incluídas na súa edición dixital.

    25 de novembro de 2020

    BNG, ERC, Junts e Bildu presentaron conxuntamente no Congreso unha emenda aos orzamentos xerais de 2021 para solicitar que Facenda traspase 10 millóns de euros a RTVE para que merque filmes, series e documentais en galego, catalán e éuscaro, co obxectivo de promover a produción audiovisual nas linguas oficiais minorizadas.

    25 de novembro de 2020

    O TERMCAT elaborou a versión catalá da norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2017 Requisitos xerais para a competencia dos laboratorios de ensaio e calibración, ao abeiro do acordo establecido coa Asociación Española de Normalización-UNE e o convenio asinado entre a Deputación de Barcelona e a Generalitat de Cataluña para impulsar o uso do catalán no ámbito empresarial.

    25 de novembro de 2020

    O Museo do Mar de Galicia, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, desenvolve unha programación especial arredor do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Así o deron a coñecer o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta na cidade olívica, Marta Fernández-Tapias.

    24 de novembro de 2020

    A congresista peruana Matilde Fernández Flores xurou o seu cargo en lingua quechua para constituír o novo equipo de goberno do Perú no Congreso da República.

    Fonte: Wapa

     

    24 de novembro de 2020

    A corporación pública de televisión de Polonia, TVP, estreará unha canle de televisión en inglés dirixida á comunidade de polacos e polacas que viven no estranxeiro.

    Fonte: Broadband TV News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder