Un pleno da Cámara de Deputados de México aprobou unha reforma do artigo segundo da constitución pola que se recoñece que as linguas indíxenas terán o mesmo status de idioma nacional que o español.
Fonte: La Jornada
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un pleno da Cámara de Deputados de México aprobou unha reforma do artigo segundo da constitución pola que se recoñece que as linguas indíxenas terán o mesmo status de idioma nacional que o español.
Fonte: La Jornada
Un grupo de expertas está tentando concienciar as institucións públicas xaponesas sobre a necesidade de non confiar nas plataformas de tradución automática á hora de traducir sinais informativos do xaponés ao inglés. As activistas lingüísticas consideran que as traducións incorrectas poderían ter un impacto negativo no turismo e mesmo pór en risco a poboación estranxeira en caso de terremoto ou outro tipo de emerxencias.
Fonte: The Guardian
Os presidentes da Asociación PuntoGal e da Mesa pola normalización lingüística asinaron un convenio de colaboración para promover a utilización do dominio da lingua e a cultura galegas.
Fonte: Galicia Confidencial
Xerais lanza dous novos volumes de Astérix: Astérix e o Normandos, un clásico da serie, e O menhir de ouro, un libro ilustrado que recupera un guión feito para o formato audiolibro. Así mesmo, Zephyrum e Trilita Edicións acaban de presentar dous novos álbums das aventuras de Tintín: Obxectivo a Lúa e Camiñantes na Lúa.
Amnesia 3.0, a primeira webserie interactiva en galego, estréase no Carballo Interplay, festival de contidos dixitais no que a serie conseguiu o Premio á produción de proxecto na pasada edición.
Fonte: Código Cero
O Premio á mellor xestión en lingua e comunicación, unha das categorías dos Premios E-TECH 2020, foi para a empresa Interactiu, responsable de desenvolver a aplicación Lacompra, polo uso do catalán en todas as interaccións que ofrece esta ferramenta para a compra por internet.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Máis de 700 profesionais sanitarios asinaron polo momento o manifesto da campaña «Sanitat en valencià», no que solicitan que se garanta a atención médica en valenciano. Para quen queira sumarse á iniciativa creouse a páxina web www.sanitatenvalencia.org.
O novo Decreto de toponimia, que actualiza a normativa vixente ata agora, regula o establecemento e a revisión dos nomes de lugar, o uso dos topónimos cataláns e araneses, e tamén a Comisión de Toponimia.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no webinario organizado pola Xunta de Galicia e a Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) con motivo do Mes da Ciencia en Galego ao que asistiron preto de 90 centros educativos e de 6000 estudantes.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na charla-coloquio A incrible historia do galego Cristovo Colón de Poio a Baiona, celebrada no compostelán Museo do Pobo Galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín