O Goberno central elaborou un informe, no que avala a política lingüística e o modelo de ensino de linguas implantado pola Xunta de Galicia, en resposta ás recomendacións do comité de ministros do Consello de Europa relativas á aplicación da Carta europea de linguas rexionais e minoritarias.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, coa colaboración doutras entidades, convocan estes galardóns cos que se busca estimular a presenza do galego nos arquivos sonoros dixitais e impulsar a creatividade e o talento radiofónico do alumnado.
Fonte: Código Cero
A Embaixada de Portugal en Caracas e o Instituto Camões ofrecen unha conferencia en liña para profesorado de portugués de Venezuela e doutros países da América Latina.
Fonte: Rádio Calheta
A Federación de Empresarios/as e Profesionais Luso-canadenses (FPCBP, polas súas siglas en inglés) presentou un concurso escolar en lingua portuguesa para coñecer o impacto que as orixes familiares teñen ou tiveron en escolares procedentes de familias portuguesas.
Fonte: The Portugal News
ENAP (Euskara Nafarroako Administrazio Publikoetan), editada por Euskarabidea, é unha publicación dixital, de periodicidade semestral, que busca converterse nun punto de encontro das iniciativas impulsadas dentro das Administracións públicas navarras arredor do éuscaro.
A Xunta de Galicia, en colaboración coa Residencia Literaria 1863, pon en marcha a primeira edición de “Residencia Xacobeo”, unha iniciativa coa que pretende impulsar o sector da tradución e contribuír á proxección exterior da literatura galega a través do apoio a tradutores literarios que vertan unha obra orixinalmente escrita en galego a calquera lingua do mundo.
A RAE, en colaboración coa Asociación de Academias da Lingua Española, presentou unha nova actualización deste corpus que conta así con máis de 333 millóns de formas ortográficas, procedentes de textos escritos e de transcricións de textos orais.
Fonte: La Vanguardia
A reunión mantida entre os máximos responsables das áreas de política lingüística do Goberno balear e dos consellos insulares serviu para coordinar proxectos de fomento da lingua, como campañas dirixidas á mocidade, liñas de subvencións, formación etc.
Fonte: 20minutos
O novo capítulo de Conseguiremos está protagonizado polos músicos Alejandro Guillán Baiuca e Laura Lamontagne. Trátase dunha iniciativa que se enmarca no proxecto “Novas voces para a lingua” impulsado pola Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou a través dunha videoconferencia a incorporación dun novo obradoiro formativo ao programa Aula GaliciaAberta dedicado á lingua e a cultura galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín


