A asociación AEK, especializada no ensino do éuscaro para persoas adultas, adaptouse ao novo contexto da pandemia e ofrece dúas estadías para aprender éuscaro en Iparralde.
Fonte: Mediabask
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A asociación AEK, especializada no ensino do éuscaro para persoas adultas, adaptouse ao novo contexto da pandemia e ofrece dúas estadías para aprender éuscaro en Iparralde.
Fonte: Mediabask
O proxecto Trasno pide a colaboración da cidadanía para reunir máis de 5000 frases curtas de uso cotián en galego que, logo, falantes nativos gravarán. A través deste proceso irase conformando un arquivo de frases que posteriormente reproducirán os dispositivos tecnolóxicos.
Fonte: Galicia Confidencial
A Dirección Xeral de Política Lingüística, no marco da campaña “Quan parles, fas màgia”, creou unha serie de vídeos de apoio ao dominio do uso oral do catalán dirixidos ás persoas que están a aprender esta lingua e que desexen practicala.
Fonte: Generalitat de Catalunya
No marco da oitava edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, convócase o Premio a proxectos de serie en galego 2021, co obxectivo de fomentar a creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais nesta lingua en Internet.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O programa de lecer en éuscaro Ikusi eta Ikasi está dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 10 anos e ás súas familias. En total, ofreceranse 22 obradoiros de música, actividade física ou traballos manuais, entre outros.
Fonte: Deia
Ao abeiro do programa Berdintzen 2021 para a realización de estudos sobre o éuscaro e a igualdade de xénero, que conta cun orzamento de 30 000 euros, entregaranse catro bolsas de 7500 euros cada unha.
Fonte: Gobierno Vasco
A Xunta de Galicia vén de renovar 10 dos 27 lectorados de lingua, literatura e cultura galegas da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos, despregada en 36 universidades de todo o mundo e coordinada desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
O 9 de febreiro é o Día Internacional da Lingua Grega. Esta efeméride é celebrada por persoas de todo o mundo co fin de lembrar a importancia deste idioma na cultura mundial.
Fonte: Greek City Times
Nace "SpeakGaelic", un proxecto de case 2,5 millóns de libras esterlinas que impulsará a aprendizaxe do gaélico escocés por medio de páxinas adscritas á BBC.
Fonte: The Inverness Courier
O Servizo de Dinamización Lingüística do Concello de Palma conta con dúas dinamizadoras socioculturais e unha coordinadora, e dispón dun orzamento de 120 000 euros. Con este proxecto búscase garantir o dereito da cidadanía de coñecer a lingua catalá e impulsar o seu uso.
Subscríbase ao boletín