O Servizo de Dinamización Lingüística do Concello de Palma conta con dúas dinamizadoras socioculturais e unha coordinadora, e dispón dun orzamento de 120 000 euros. Con este proxecto búscase garantir o dereito da cidadanía de coñecer a lingua catalá e impulsar o seu uso.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O libro 101 dubtes del català resolts per l’Optimot foi elaborado a partir das fichas do servizo de consultas lingüísticas Optimot e ten como obxectivo axudar a resolver as dúbidas máis frecuentes de ortografía, morfoloxía, sintaxe e léxico do catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Universidade de Vigo estrea no segundo cuadrimestre o curso “Anatomizamos en galego”, unha actividade formativa, en formato virtual, que ten como obxectivo ampliar o coñecemento que a comunidade universitaria posúe sobre a linguaxe relacionada coa saúde.
Fonte: Universidade de Vigo
A Xunta de Galicia convoca os premios escolares de innovación educativa en dinamización lingüística 2020-2021, a través da publicación da resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva da Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego do Concello de Poio, un texto no que se declara que a lingua galega é o idioma oficial desta institución.
O Organismo Supervisor de Investimento Privado en Telecomunicacións dependente do Estado do Perú distribuirá en quechua contratos de servizos de teléfono, internet e telefonía móbil en zonas do país onde esta lingua sexa predominante.
Fonte: El Economista
O Goberno do Estado de São Paulo anunciou que o Museo da Lingua Portuguesa, pechado tras sufrir un incendio en 2015, reabrirá as súas portas ao público finalmente en xullo.
Fonte: Público
O Concello de Xixón asinou un convenio de colaboración coa Academia da Lingua Asturiana para avanzar na normalización social do asturiano e continuar recibindo asesoramento lingüístico da institución.
Fonte: El Comercio
Euskarabidea impulsa a creación de contidos dixitais en éuscaro e incrementa a oferta cultural e formativa nesta lingua no ámbito dixital. Trátase de iniciativas coas que pretende achegarse a novos falantes, principalmente a infancia e a mocidade.
O pasado 7 de febreiro celebrouse unha nova edición, a terceira, do Día dos Medios en Galego, unha conmemoración impulsada pola Amega (Asociación de Medios en Galego) co obxectivo de darlles visibilidade aos medios de comunicación que utilizan esta lingua.
Fonte: Praza Pública
Boletín
Subscríbase ao boletín



