O Executivo balear esíxelle ao Concello de Maó, na illa de Menorca, que, en cumprimento da Lei de normalización lingüística, adopte a versión catalá e oficial do topónimo (Maó) como única denominación do municipio.
Fonte: Diario de Mallorca
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Executivo balear esíxelle ao Concello de Maó, na illa de Menorca, que, en cumprimento da Lei de normalización lingüística, adopte a versión catalá e oficial do topónimo (Maó) como única denominación do municipio.
Fonte: Diario de Mallorca
O Concello de Ponteareas pon en marcha un certame en TikTok, unha das redes sociais máis empregadas pola xente nova. O concurso, denominado #TikTokTea, está destinado á mocidade maior de 13 anos e ten como obxectivo estimular a creatividade xuvenil con vídeos en galego con novos formatos e temáticas.
Fonte: Faro de Vigo
A Radiotelevisión do Principado de Asturias comeza a emitir os sete programas seleccionados na convocatoria de subvencións para a produción en asturiano, cinco espazos televisivos e dous radiofónicos.
Fonte: Asturies.com
Co comezo do ano, PuntuEUS fai balance e anuncia novos propósitos e retos, como a posta en marcha do plan estratéxico PuntuEUS 2021-2023. Así mesmo, para o próximo trienio terá como obxectivo impulsar a transformación dixital da sociedade desde o éuscaro.
A Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, convoca os cursos preparatorios das probas de acreditación do Celga para o ano 2021 cunha ampla oferta formativa que inclúe ata 1050 prazas, nas modalidades presencial e en liña.
O executivo estoniano pretende incrementar as axudas para a promoción do ensino en estoniano. Porén, o ministro de Administración Pública de Estonia, Jaak Aab, afirmou que non se está considerando o peche das escolas de inmersión en ruso que existen no país báltico.
Fonte: ERR
A Generalitat de Cataluña publicou un vocabulario catalán-romaní ilustrado que ten como obxectivo promover o coñecemento de ambas as linguas, así como fomentar o recoñecemento e o respecto pola cultura xitana.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha enquisa realizada pola organización Conradh na Gaeilge de Irlanda revela que 1,5 millóns de irlandeses e irlandesas, un terzo da poboación, poden falar gaélico irlandés con certa seguridade. O estudo tamén mostra que case a metade das persoas entrevistadas escollería unha escola de inmersión en gaélico para a escolarización dos fillos ou fillas.
Fonte: Newstalk
O Centro de Terminoloxía Termcat ofrece a posibilidade de facerlle chegar propostas de novos termos a través dunha aplicación específica que consta dun cuestionario guiado para que a persoa usuaria poida ofrecer toda a información dispoñible sobre o termo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Algunhas das conclusións que apunta o documento son a carencia de políticas para que a poboación inmigrante poida adquirir competencias lingüísticas en galego; a falta dunha planificación integral, a necesidade de reformular os Celga, a insuficiencia de recursos…
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín