Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de febreiro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou por videoconferencia no programa Aulas dixitais de Coca-Cola, incluído na XII edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto no que colabora a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

    05 de febreiro de 2021

    Co obxectivo de facilitarlle a atención en éuscaro á cidadanía, o Concello de Vitoria vai identificar cuns distintivos nos uniformes os axentes da Policía Local que saiban esta lingua.  

    Fonte: El Correo

    05 de febreiro de 2021

    A Guía de recursos del catalán en Palma, impulsada polo Concello, distribuirase en bibliotecas municipais e puntos de atención cidadá co obxectivo de fomentar a dinamización lingüística.

    Fonte: La Vanguardia

    05 de febreiro de 2021

    O Pleno municipal aprobou a Ordenanza para o uso da lingua galega no Concello da Coruña, co obxectivo de promover o uso do galego en todas as súas accións, documentación, comunicacións e relacións coa cidadanía e con outras entidades.

    Fonte: Praza Pública

    05 de febreiro de 2021

    A Xunta de Galicia vén de facer públicos os premios do concurso de curtas Senda dos Faros, o certame escolar que naceu co obxectivo de poñer en valor a lingua, o patrimonio e a paisaxe da costa galega a través do audiovisual, e cuxo primeiro premio desta edición foi para o IES Plurilingüe A Cachada (Boiro) co proxecto Sálvora.

    05 de febreiro de 2021

    A presión da China contra o uso de linguas como o tibetano ou o uigur en diferentes ámbitos aumenta despois de que un comité parlamentario chinés anunciase que as normas de uso destes idiomas nas escolas son inconstitucionais.

    Fonte: Nationalia 

    05 de febreiro de 2021

    A Autoridade Unitaria de Carmarthenshire, no País de Gales, contará con dúas novas escolas de ensino primario que empregarán o modelo de inmersión en lingua galesa.

    Fonte: Wales Online

    05 de febreiro de 2021

    O Tribunal do Traballo de Núremberg ditaminou que un traballador ou traballadora pode falar unha lingua diferente do alemán para comunicarse cos sindicatos e co resto de persoal dunha empresa, sempre que haxa un servizo de tradución adecuado.

    Fonte: SHRM

    05 de febreiro de 2021

    A Mesa pola Normalización Lingüística e outras entidades da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN, polas súas siglas en inglés) propuxéronlle á dirección xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea a creación dunha figura de defensor ou defensora das linguas e un fondo europeo de linguas en perigo.

    Fonte: Galicia Confidencial

    04 de febreiro de 2021

    O 9 de febreiro reactívase o club de lectura en éuscaro que contará con catro sesións, os martes pola tarde, ás que poderán acudir presencialmente dez persoas pero que se ofrecerán en formato en liña.

    Fonte: Tolosako Udala

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder