‘Habelas, hainas’, xornada de carácter divulgativo sobre a investigación matemática, ten como obxectivo demostrar que esta ciencia está presente actualmente en todos os ámbitos da vida e contribuír a normalizar o uso do galego neste eido.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O ciclo de divulgación científica en galego DivulgaTerra 2020 ten previstas para os días 1 e 3 de decembro pequenas doses sobre diversas liñas de investigación nas que están a traballar tanto docentes como parte da mocidade investigadora.
Itadaki Smash poderá xogarse completamente en éuscaro nas súas versións para PlayStation 4 e PC. Xunto a esta lingua, estará dispoñible tamén en castelán, inglés, francés, italiano, alemán e portugués. Trátase dun dos poucos videoxogos en éuscaro para PS4, que representa apenas o 2 % dos idiomas dispoñibles nas producións españolas.
Compromís per Alacant cre necesario avanzar na presenza do valenciano na Administración local e fomentar a formación do funcionariado nesta lingua para ofrecerlle un mellor servizo á cidadanía. Por este motivo, propón que se comece a traballar na posta en marcha dun regulamento de promoción do valenciano, como xa existe na maioría dos concellos da comunidade.
O Goberno de Portugal aprobou en comisión parlamentaria a proposta do partido PAN (Persoas-Animais-Natureza) para regulamentar a actividade da interpretación en lingua de signos.
Fonte: Sapo 24
A lingua portuguesa está de aniversario en Macau xa que hai agora 60 anos que se comezou a ensinar na rexión autónoma chinesa. Hoxe a lingua de Camões goza de moi boa saúde ao ser ensinada nun total de 50 institucións macaenses.
Fonte: Observador
O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio convocan a XXI edición dos premios Manuel Beiras, que fan vinte anos e que teñen como obxectivo recoñecer e poñer en valor as empresas que empregan habitualmente o galego na súa comunicación.
Arredor de 147 000 persoas participarán na edición deste ano de Euskaraldia, unha iniciativa que ten como obxectivo mudar os hábitos lingüísticos e impulsar o emprego do éuscaro e que se celebra en todos os territorios onde se fala esta lingua: País Vasco, Navarra e Iparralde.
Fonte: Noticias de Navarra
As axudas Interlingua 2021, para as que a Generalitat destina unha partida de 611 779 euros, teñen como obxectivo impulsar proxectos que fomenten o uso das linguas no ámbito universitario, xa sexa catalán, occitano ou lingua de signos catalá, ou outras como o inglés.
A edición deste ano do certame LGx15. Ideas para o futuro da lingua trasládase aos dispositivos electrónicos, con vídeos en liña que se estrean en YouTube e Facebook entre o domingo 22 e o sábado 28 de novembro ás 21.00 h. O evento contará con sete charlas breves para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro do galego.
Boletín
Subscríbase ao boletín






