Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de decembro de 2020

    O Concello de Outes publicou as bases do concurso de postais e microrrelatos "O noso Nadal", unha iniciativa que busca fomentar o uso do galego e potenciar a creatividade nesta lingua. O prazo para entregar os traballos finaliza o 22 de decembro.

    Fonte: Concello de Outes

    07 de decembro de 2020

    A escritora Ledicia Costas, o fotógrafo Xurxo Lobato, a Federación de Teatro Afeccionado de Galicia (Fegatea), aCentral Folque, o exdirector da Filmoteca Española Chema Prado, o dinamizador da cultura e lingua galegas Xosé González Martínez, a Fundación Penzol e a responsable do Centro de Estudos Galegos en Budapest, Ildiko Szijj son os galardoados nos Premios da Cultura Galega 2020.

    07 de decembro de 2020

    A cidade de Lugo acollerá durante os días 12 e 13 de decembro o Internacional Creative Jam Idea X21 Xacobeo é Camiño, no marco da programación do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de decembro de 2020

    Tyrese Dibba, un adolescente británico de 15 anos, gañou o premio "Young Person of the Year" tras ensinar a lingua de signos británica a 50 000 persoas durante o primeiro confinamento pola pandemia da covid-19.

    Fonte: I am Birmingham

    05 de decembro de 2020

    O British Council publicou no Observatorio para o Ensino da Lingua Inglesa no Brasil datos que mostran unha situación preocupante. O informe revela, entre outras cousas, que a maioría do profesorado de inglés do Brasil non conta con formación específica. 

    Fonte: Jornal do Comércio

    04 de decembro de 2020

    A iniciativa Palabra do Ano da Porto Editora xa conta coa lista definitiva de termos finalistas para o 2020. Como era de esperar, palabras como "confinamento" e "Covid-19" están entre as candidatas. Por primeira vez, a iniciativa transcorre simultaneamente en Portugal e nos países africanos de Angola e Mozambique.

    Fonte: Espalha Factos

    04 de decembro de 2020

    O Goberno dos Azores, Portugal, publicou un programa dirixido a escolas, profesorado e alumnado que está centrado no desenvolvemento das linguas estranxeiras e as novas tecnoloxías.

    Fonte: RTP

    04 de decembro de 2020

    A web de novas tecnolóxicas Código Cero e o centro óptico e auditivo Ollar son as dúas empresas galardoadas na terceira edición do premio Lingua e Empresa que convoca o Concello de Ames. Trátase dunha distinción que pretende recoñecer publicamente a contribución ao incremento e á mellora do uso social do galego, así como promover a utilización desta lingua na actividade económica de Ames.  

    04 de decembro de 2020

    Unha enquisa en liña do Observatorio Vasco da Xuventude, dirixida a mozas e mozos de 15 a 29 anos, mostra un cambio de tendencia na lingua empregada para completala. Así, máis da metade, en concreto, o 52,3 % respondeu en éuscaro, mentres que o 47,7 % restante utilizou o castelán.

    04 de decembro de 2020

    O compromiso e o activismo pola lingua non se detén en tempos de pandemia, senón que se reinventa para superar as barreiras que esta impón. Proba disto é a iniciativa Xabarín, coa que se busca mellorar a programación infantil e xuvenil en galego en televisión.

    Fonte: Nós Diario

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder