Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de abril de 2021

    Toponimia de Carballo é o último volume de Terra Nomeada, unha colección divulgativa sobre a toponimia galega. Nel o autor, Fernando Cabeza Quiles, indaga na orixe e no significado de máis de 350 nomes de entidades de poboación de Carballo.

    07 de abril de 2021

    O Pazo de San Roque, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, acolleu a presentación da segunda edición do Premio de Novela Camiño de Santiago, que impulsa a Academia Xacobea coa colaboración da Xunta de Galicia e o patrocinio de Aluminios Cortizo S.U.L. e a colaboración da Editorial Galaxia.

    06 de abril de 2021

    A Universidade de Columbia Británica ofrecerá en breve unha licenciatura superior en lingua indíxena nsyilxcn, un idioma en perigo de extinción falado polos indíxenas da Nación Okanagan.

    Fonte: RCI

    06 de abril de 2021

    O comité de especialistas sobre protección de linguas minoritarias do Consello de Europa solicitoulle ao Estado español que as linguas aragonesa e catalá se inclúan no Estatuto de Aragón, que se incorporen a todos os niveis educativos e que se impulse o seu uso na Administración.

    06 de abril de 2021

    O grupo parlamentario de Nueva Canarias aposta por impulsar unha política lingüística que preserve e impulse a fala das illas. Neste sentido, insta o Goberno canario a desenvolver o artigo do Estatuto que fala da defensa, promoción e estudo do español do arquipélago como variedade lingüística do español atlántico.

    06 de abril de 2021

    éDeporte, un novo medio de comunicación dixital, en galego e sobre o deporte galego, inaugura a súa andaina cun documental sobre o Deportivo feminino. As pezas audiovisuais poderán verse na páxina web do medio e nas súas redes sociais.

    Fonte: Praza Pública

    06 de abril de 2021

    A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria das axudas para o libro, dirixidas á tradución a outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución á lingua propia de Galicia de obras publicadas orixinariamente noutros idiomas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de abril de 2021

    O Servizo de Normalización Lingüística municipal presenta, no marco do proxecto "Vigo arrólate", novos recursos en liña en galego que teñen como obxectivo fomentar a transmisión desta lingua no ámbito familiar.

    Fonte: Consello do Cultura Galega

    05 de abril de 2021

    O Goberno de Navarra vai concederlles axudas por un valor total de 80 000 euros a Eusko Ikaskuntza e á Asociación Soziolinguistica Klusterra. A primeira recibirá 55 000 euros mentres que no caso da segunda serán 25 000, unhas subvencións que axudarán á realización de actividades de recuperación e normalización do éuscaro.

    05 de abril de 2021

    Trátase da segunda edición desta liña de axudas coas que se pretende impulsar o uso do valenciano nos establecementos comerciais de Valencia. A dotación orzamentaria ascende a 47 500 euros e cada empresa poderá recibir ata 2000.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder