Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de abril de 2021

    O primeiro ministro de Nova Escocia, Iain Rankin, anunciou que se creará un novo campus para o estudo do gaélico que axudará a preservar e promocionar o uso desta lingua neste territorio canadense.

    Fonte: Nova Scotia

    24 de abril de 2021

    O Ministro de Educación de Noruega anunciou que vai modificar os requisitos lingüísticos para poder optar á cidadanía norueguesa. As persoas que queiran conseguir a nacionalidade deberán agora demostrar un nivel B1 de noruegués.

    Fonte: The Local

    23 de abril de 2021

    O deputado sueco Peter Helander levou ao Parlamento de Suecia a cuestión da preservación da lingua elfdaliana, un idioma ameazado que se fala nunha rexión central do país escandinavo.

    Fonte: The Local

    23 de abril de 2021

    O Sistema Estatal de Radio e Televisión de Panamá inclúe na súa programación un programa de radio onde o público infantil pode aprender nocións da lingua indíxena guna. As clases están impartidas por mulleres deste pobo nativo de Panamá.

    Fonte: Hola News

    23 de abril de 2021

    O Plan estratéxico do éuscaro 2021-24 busca protexer e seguir fomentando o uso desta lingua. O Consistorio solicita a participación da cidadanía e de axentes locais para completar a súa elaboración co obxectivo de que o documento reflicta a realidade actual e o futuro de Lazkao e da poboación local.

    Fonte: El Diario Vasco

    23 de abril de 2021

    O obxectivo do programa é estender o uso do catalán na Administración de Xustiza, é dicir, fomentar a presentación dos escritos e solicitarlle ao xulgado que a documentación se notifique nesta lingua.

    23 de abril de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) a Xornada das Letras Galegas. Xela Arias, dirixida a achegar a figura, vida e obra da autora anfitrioa deste 17 de maio ao profesorado encargado de divulgalas entre o resto da comunidade educativa, nomeadamente, o da materia de lingua galega e literatura.

    23 de abril de 2021

    A plataforma Queremos Galego convocou unha concentración na praza do Obradoiro con motivo da celebración do Día das Letras Galegas para reclamar o dereito a vivir con normalidade en galego no día a día.

    Fonte: Galicia Confidencial

    22 de abril de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou Vinte poemas de amor e unha canción desesperada, unha das obras máis célebres de Pablo Neruda, que xa se pode ler en idioma galego grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e Medulia Editorial.

    22 de abril de 2021

    A Real Academia Galega participou nun encontro en liña de lexicografía no que interviñeron academias de linguas de orixe latina organizado pola Academia Brasileira de Letras. Ademais, foi a única institución representante dunha lingua minorizada presente no encontro.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder