Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de febreiro de 2020

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca a segunda edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Estes galardóns naceron co obxectivo de recoñecer e difundir accións, campañas e iniciativas realizadas por servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL), asociacións e outras entidades públicas ou privadas.

    17 de febreiro de 2020

    O IES Plurilingüe Rosalía de Castro acolleu o Día Mundial da Radio a presentación do web http://www.ovellodoscontos.gal, que se enmarca nos Premios Internacionais de Podcast Xosé Mosquera.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de febreiro de 2020

    Finlandia acaba de fixar os estándares que garantirán a calidade da subtitulación dos contidos audiovisuais na televisión tanto en finés como en sueco, as dúas linguas oficiais do país nórdico.

    Fonte: Slator

    17 de febreiro de 2020

    Un informe realizado por un comité de expertos de Finlandia revelou que algúns estudantes finlandeses que teñen como primeira lingua o sueco prefiren falar inglés que finés.

    Fonte: YLE

    15 de febreiro de 2020

    A Cámara Municipal da localidade portuguesa de Barrancos está a desenvolver un proxecto de investigación e valorización do barranqueño como lingua local. O proxecto conta co apoio da Universidade de Évora e a Universidade Complutense de Madrid e pretende en primeiro lugar crear unha gramática, un dicionario e unha grafía uniforme para poder ensinar a lingua nas escolas. O obxectivo final sería converter o barranqueño en terceira lingua oficial de Portugal.

    15 de febreiro de 2020

    Unha proposta do concelleiro da cidade norteirlandesa de Belfast, Séanna Walsh, podería normalizar o nome en gaélico irlandés das rúas e vías da cidade.

    Fonte: The Irish News

    14 de febreiro de 2020

    A Plataforma Vasca da Industria (Indeus) celebrou a súa asemblea co obxectivo de analizar a súa traxectoria como soporte á competitividade das empresas vascas mediante o incremento da presenza do éuscaro no ámbito industrial.

    Fonte: Goberno Vasco

    14 de febreiro de 2020

    A Comisión Europea anunciou recentemente un concurso para contratar 50 profesionais que poidan traducir ao gaélico irlandés dado que esta lingua acadará o estatuto de idioma de traballo en 2022.

    Fonte: Irish Times

    14 de febreiro de 2020

    O V Concurso de subtitulación de vídeos TED de Ciencias da Saúde ao galego, que organiza a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Farmacia, ten como obxectivo impulsar o uso desta lingua nesta área de coñecemento, así como fomentar a existencia de recursos divulgativos en galego en novos soportes neste ámbito.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    14 de febreiro de 2020

    O director do Instituto Confucio de Lisboa, Wang Jincheng, aproveitou a cuarta sesión dos Encontros de Estudos sobre China para valorar moi positivamente o ensino do chinés mandarín en Portugal. Segundo as súas palabras, o ensino desta lingua "vive a mellor fase da historia".

    Fonte: Ni hao Portugal

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder