Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de maio de 2020

    Segundo o estudo presentado por Galtzaundi Euskara Taldea e o Concello de Tolosa, que mide o uso das linguas nas rúas deste municipio no ano 2019, o emprego do éuscaro alcanza o 49,1 % (vinte puntos máis que hai 34 anos), mentres que o do castelán se sitúa nun 48,5 %.

    Fonte: Tolosako Udala

    19 de maio de 2020

    Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, a iniciativa Instagram en galego preparou un maratón de directos de doce horas de duración con entrevistas a persoas e institucións que promoven a lingua galega no seu día a día.

    Fonte: Código Cero

    19 de maio de 2020

    Nos últimos tempos a lingua yiddish está experimentando unha importante fase de revitalización, como dan mostra a recente popularización da música klezmer e a difusión de contidos audiovisuais sobre as comunidades ultraortodoxas xudías como a coñecida serie Unorthodox, rodada principalmente en yiddish.

    Fonte: Deutsche Welle

    18 de maio de 2020

    Dende este enclave leonés consideran que a homenaxe a Fernández Morales polo Día das Letras Galegas do vindeiro ano serviría de apoio á promoción do galego na comarca, ademais de saldar unha débeda con este autor berciano.

    Fonte: La Nueva Crónica

    18 de maio de 2020

    O Termcat ofrece unha nova ferramenta para que calquera persoa interesada poida facerlle chegar propostas terminolóxicas de forma sinxela e rápida a través dun cuestionario en liña que contén quince preguntas.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    18 de maio de 2020

    O proxecto Convivencia de Educación Infantil Cholo e Nela acaba de presentar o seu último videoclip, Ai ho! Galego!, elaborado para amenizar esta fase 1 do descenso do confinamento e co que buscan promover o amor pola lingua galega.

    Fonte: Galicia Confidencial

    18 de maio de 2020

    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou nun acto simbólico organizado pola Real Academia Galega (RAG) en Santiago de Compostela, fronte á casa na que residiu o homenaxeado nas Letras Galegas de 2020, Ricardo Carvalho Calero.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de maio de 2020

    Deseñadoras e deseñadores de recoñecido prestixio internacional sumáronse á celebración do Día das Letras Galegas publicando no sitio web falame.gal creacións coa frase "Eu son a túa lingua. Ti es a miña fala" que animan a falar e promocionar o galego.

    Fonte: Nós Diario

     

    18 de maio de 2020

    Conall Patton, un avogado nativo de gaélico irlandés de 38 anos, converteuse no conselleiro da coroa máis novo do Reino Unido.

    Fonte: The Irish Times

     

    16 de maio de 2020

    Entidades galegas de países como Chile, Alemaña, Suíza, Arxentina e Venezuela e de diversas rexións de España celebrarán o Día das Letras Galegas cunha videoconferencia que contará coa presenza de representantes de institucións galegas.

    Fonte: La Región Internacional

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder