Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de maio de 2020

    A campaña “Vai de Peixe”, de promoción do consumo de produtos do mar entre os millennials galegos, vén de lanzar unha nova acción participativa coa convocatoria dun concurso que anima a xente nova a escribir relatos curtos relacionados cos produtos do mar.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de maio de 2020

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, e a Associaçom Galega da Língua (AGAL) lanzan nesta Semana das Letras Galegas os proxectos divulgativos da figura, vida, obra e traxectoria de Ricardo Carvalho Calero.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de maio de 2020

    As persoas indíxenas de México e Guatemala que viven en California e descoñecen o inglés e o español non conseguen estar ben informadas sobre a pandemia do coronavirus pola falta de información nas súas linguas de orixe. A organización CIELO está tentando paliar esta falta por medio de campañas de información en linguas indíxenas destas comunidades.

    Fonte: Los Angeles Times

    13 de maio de 2020

    O ensaio Assim nasceu uma língua do lingüista Fernando Venâncio aborda cuestións relacionadas coa orixe e evolución da lingua portuguesa e incide na idea de que o portugués falado na actualidade descendeu directamente do galego.

    Fonte: Diário de Notícias

    13 de maio de 2020

    Varios proxectos europeos de investigación en materia sociolingüística e relacionados co tecnoloxías da lingua reciben o apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    13 de maio de 2020

    A Universidade do País Vasco, en colaboración co Goberno desta comunidade, lanzou un novo mestrado co obxectivo de ofrecer unha formación específica sobre os novos coñecementos e metodoloxías que xurdiron nos últimos anos no proceso de revitalización do éuscaro.

    13 de maio de 2020

    A Deputación de Pontevedra convoca unha serie cursos formativos entre os que se atopan dous de contido lingüístico dedicados á linguaxe inclusiva. Estes cursos están destinados tanto ao seu persoal como ao dos concellos da provincia adheridos ao Plan agrupado de formación continua.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    13 de maio de 2020

    Galicia é unha das comunidades autónomas de España con maior número de alumnas e alumnos de Educación Secundaria que estuda un segundo idioma estranxeiro, cunha porcentaxe do 69,3 %, só superada por Canarias que alcanza o 78,7 %.

    Fonte: Galicia Confidencial

    13 de maio de 2020

    Dous dos proxectos que adquiren cada ano maior protagonismo no Mes das Letras Galegas para festexalas e honrar o autor anfitrión, desta vez Ricardo Carvalho Calero, xa están dispoñibles para a súa descarga libre e de balde desde o Portal da Lingua Galega da Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de maio de 2020

    As Bibliotecas Públicas de Galicia xestionadas pola Xunta súmanse aos actos para renderlle tributo a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano a Real Academia Galega (RAG) lle dedica o 17 de maio.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder