Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de maio de 2020

    Dada a situación de excepcionalidade que se vai vivir este ano nas celebracións do Día das Letras Galegas, a plataforma Queremos Galego, ademais de animar a manter as mobilizacións desta data desde a casa a través de carteis reivindicativos nas fiestras, acaba de publicar na súa web o manifesto desta edición, unha Carta aberta a Ricardo Carvalho Calero que asina Pilar García Negro.

    Fonte: CulturaGalega

    07 de maio de 2020

    A conselleira de Cultura da Generalitat mantivo unha reunión telemática con representantes das entidades relacionadas co fomento da lingua catalá na que estas expresaron a súa visión sobre a situación que están a vivir pola crise provocada pola COVID-19.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    07 de maio de 2020

    O Premio Literario Mazarelos, que ten como obxectivo fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, terá como tema principal na edición deste ano 'O galego confinado'.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    07 de maio de 2020

    A conselleira de Cultura mantivo unha reunión telemática con representantes da Federación de Persoas Xordas de Cataluña na que se comprometeu a ampliar a atención en lingua de signos catalá nas xestións coa Generalitat a través das novas tecnoloxías.

    Fonte: La Vanguardia

    07 de maio de 2020

    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado do seu equipo e membros do Igape, presentou a través dun webinar no que se inscribiron máis de 600 profesionais e axentes do sector cultural o Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de maio de 2020

    ‘Reto de palabras’ é o nome desta iniciativa que intenta buscar palabras distintas que nomean unha mesma cousa. Este reto, posto en marcha nas redes sociais por dúas profesoras de Xàbia, ten como obxectivo amosar a riqueza lingüística do valenciano e axudar a pasar o tempo de lecer dun xeito diferente durante o confinamento.

    Fonte: Xàbia.com

    06 de maio de 2020

    O Concello de Ames está a difundir a través das redes sociais un cartel didáctico con termos en galego relacionados coa pandemia da COVID-19, algúns xa coñecidos e outros novos que trouxo consigo a enfermidade.  

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    06 de maio de 2020

    O Concello de Santiago de Compostela convocou un ano máis o programa “Coidar para mellorar”, que inclúe axudas e asesoramento en varios ámbitos para o comercio local. Entre estas, existen liñas específicas para a comunicación comercial en galego (ben na modalidade de subvención ou ben na modalidade de cheque de consultoría).

    06 de maio de 2020

    Co gallo da celebración o pasado 5 de maio do Día Mundial da Lingua Portuguesa, o Consello da Cultura Galega publicou o informe O valor do portugués en Galicia: competencia plurilingüe, utilidade e actitudes, un estudo estatístico realizado durante os meses de xullo e agosto de 2019 sobre a competencia da poboación galega en idiomas estranxeiros, con especial atención ao portugués, así como sobre as actitudes cara a esta lingua e os seus incentivos para aprendela.

    06 de maio de 2020

    Unha empresa de Swansea, País de Gales, conseguiu desenvolver a tecnoloxía necesaria para que o altofalante intelixente Alexa poida entender instrucións en lingua galesa.

    Fonte: Business News Wales

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder