Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de maio de 2020

    A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana organizou para o 8 de maio unha campaña nas redes sociais co obxectivo de que a xente publique frases a favor da oficialidade do asturiano co cancelo #Oficialidá.

    Fonte: 20minutos

    04 de maio de 2020

    O Instituto Camões, a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e a representación portuguesa na UNESCO organizan un evento virtual para conmemorar o primeiro Día Mundial da Lingua Portuguesa que se celebra o 5 de maio.

    Fonte: Público

    01 de maio de 2020

    O primeiro ministro do Canada, Justin Trudeau, recoñeceu que a situación de emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus foi en detrimento do francés xa que o executivo canadense autorizou a etiquetaxe exclusivamente en inglés durante a pandemia. 

    Fonte: The Guardian

     

    01 de maio de 2020

    A Autoridade Educativa de Irlanda do Norte, responsable da provisión educativa deste territorio do Reino Unido, excluíu o gaélico irlandés dos recursos do ensino a distancia.

    Fonte: BBC

    30 de abril de 2020

    Magín Blanco preséntanos “Todo o día na casiña”, canción na que describe o día a día dos máis pequenos e pequenas da casa neste confinamento. A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove este videoclip con animacións da pintora, ilustradora e profesora Luz Beloso e coas voces de grandes referentes da música galega.

    Fonte: Aulas Galegas

    30 de abril de 2020

    O Concello de Pamplona realizou un estudo lingüístico que pon de manifesto que o 13 % das persoas enquisadas elixiría un modelo en éuscaro na educación infantil de 0 a 3 anos; o 10 %, éuscaro con inglés; o 8 %, castelán con éuscaro; e o 5 %, un modelo trilingüe con inglés.

    Fonte: Noticias de Navarra

    30 de abril de 2020

    O Concello de Castelló e Escola Valenciana poñen en marcha o voluntariado lingüístico en liña, unha iniciativa que ten como obxectivo poñer en contacto a través da rede as persoas participantes para que poidan practicar valenciano sen saír da casa.     

    Fonte: El Periòdic

    30 de abril de 2020

    A Asociación de Nais e Pais de Nenos Xordos de Galicia (Anpanxoga) organiza un coloquio en liña para tratar a necesidade dunha educación bilingüe en linguas de signos e oral.

    Fonte: El Español

    29 de abril de 2020

    Nós Diario, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, vai desenvolver, a partir do 5 de maio, e durante tres semanas, un curso de lingua galega centrado na mellora de usos para, desta maneira, aproximarse a unha maior calidade de lingua.

    Fonte: Nós Diario

    29 de abril de 2020

    Este novo recurso educativo, impulsado polo profesor de Lingua Galega e Literatura Nel Vidal Barral, ten como obxectivo que os mozos e mozas coñezan a diversidade de grupos e artistas que actualmente fan música en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder