Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de abril de 2020

    Máis de 1500 persoas aprenden galego durante estas semanas a través dos cursos en liña que ofrece a Xunta de Galicia no marco do Plan de Teleformación en Lingua Galega para o ano 2020 para residentes tanto na comunidade como noutras zonas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    27 de abril de 2020

    O Diploma en Filoloxía Aragonesa, título de posgrao impartido pola Universidade de Zaragoza, ofrece dez obras accesibles na rede para achegarse á literatura escrita en aragonés durante o confinamento.  

    Fonte: AraInfo

    27 de abril de 2020

    Un total de 199 alumnos de Primaria, ESO, FP e Bacharelato participou no III Concurso de Redacción en Éuscaro, organizado polo Concello de Elgoibar, o que supón un récord de participación neste certame.  

    Fonte: El Diario Vasco

    27 de abril de 2020

    Trátase da terceira edición deste galardón de literatura infantil e xuvenil, que se instaurou hai dous anos para homenaxear a escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2018. As obras que se presenten a este certame deberán ser inéditas e estar escritas en lingua galega.

    Fonte: Diario de Pontevedra

    27 de abril de 2020

    A asociación Nogará Religada preparou a través das redes sociais #Nogarafest, co gallo da celebración, o día 23 de abril, do Día de Aragón. Diferentes actividades, como música ou charlas, serviron para visibilizar a lingua aragonesa durante tres xornadas.  

    Fonte: Aragón Musical

    27 de abril de 2020

    A plataforma GaliciaLe, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, quintuplicou entre o 14 de marzo e o 14 de abril deste ano o número de préstamos de material dixital en galego con relación ao mesmo período do pasado 2019. Así, se daquela a cifra era de 786 préstamos, pasouse a 4173 desde que se facilitou o seu uso co comezo do confinamento.  

    Fonte: CuturaGalega

    27 de abril de 2020

    A Real Academia Galega e PuntoGal adiarán a resolución do concurso de microrrelatos, que veñen convocando desde 2018, debido aos atrancos provocados polas medidas de confinamento.

    27 de abril de 2020

    O Servizo Nacional de Saúde de Portugal puxo á disposición das persoas que o precisen no seu sitio web un novo sistema de atención por videochamada en lingua de signos. Trátase dun servizo de 24 horas onde traballarán sete intérpretes de lingua de signos portuguesa.

    Fonte: A Verdade

    24 de abril de 2020

    Como cada 23 de abril, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) celebra o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor e anima a todas as persoas a combater coa lectura o illamento do coronavirus.

    Fonte: UNESCO

    24 de abril de 2020

    O Concello de Elgoibar e a asociación Elgoibarko Izarra iniciaron unha campaña para animar a cidadanía a presentar a declaración da renda en éuscaro. O obxectivo é avanzar na normalización desta lingua en todos os contextos, tamén á hora de liquidar  contas coa Facenda Foral.

    Fonte: El Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder