Ata o 19 de outubro permanecerá aberto o prazo para presentar traballos ao certame 'Somos a curta!', unha iniciativa impulsada pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación para promover o uso da lingua galega como vehículo para a creatividade dos novos valores do audiovisual.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O pasado luns 27 abril comezaron as emisións de Teve.cat, unha nova canle de televisión que mestura entretemento, debate e actualidade e que emitirá en lingua catalá.
Fonte: InfoPeriodistas
As cifras de audiencia da canle de televisión en lingua galesa S4C incrementáronse coa crise sanitaria provocada polo coronovirus.
Fonte: Nation Cymru
Unha iniciativa dunha organización sen ánimo de lucro de Palo Alto (EUA) permite a persoas nativas de español converterse en instrutores lingüísticos durante a crise sanitaria do Covid-19.
Fonte: The Almanac
A Cámara Municipal de Óbidos, Portugal, creou en colaboración coa Cámara de Comercio Portugal-Mozambique o Premio Literario Lusófono que busca promover a produción de obras escritas en portugués e o traballo de novos talentos da escrita lusófona.
Fonte: Região de Leiria
A crise sanitaria provocada polo coronavirus obrigou as autoridades portuguesas a adiar a cerimonia de entrega do Premio Camões que fora concedido o ano pasado ao cantante brasileiro Chico Buarque.
Fonte: Mundo Lusíada
O alcalde de Treviño avanzou que aspira a poder incluír a materia de éuscaro no colexio do municipio e avanzar así na normalización desta lingua no enclave, onde xa levan a cabo outras iniciativas para fomentar o seu uso entre a veciñanza.
Fonte: Diario de Burgos
O Centro de Linguas decidiu que os exames se realizarán en modalidade telemática, así como que se suspendan as probas do CertAcles de inglés B1, B2 e C1, que se substitúen por exames con certificación propia do centro.
Fonte: Universidade de Vigo
A Dirección Xeral de Política Lingüística quere impulsar o uso do catalán nas novas tecnoloxías, en especial, as relacionadas co entretemento dixital da xente nova. Por este motivo, convoca unha liña de axudas dirixidas ás empresas que incorporen esta lingua nos seus produtos tecnolóxicos, sobre todo, videoxogos e aplicacións.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A convocatoria do Premio ARA de Cómic en Catalán ten como obxectivo fomentar o uso desta lingua nos xéneros de non ficción no cómic adulto. As persoas participantes deben presentar obras orixinais e inéditas cun mínimo de oito páxinas e un máximo de 14.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín




