Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de abril de 2020

    A páxina web El català als territoris de parla catalana ofrece información completa e actualizada sobre a situación do catalán no conxunto dos territorios onde se fala. En concreto, inclúe datos sobre o número de persoas que entenden, saben falar, len ou escriben nesta lingua, así como sobre a transmisión interxeracional ou os seus usos en diversos ámbitos.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    21 de abril de 2020

    A canle de televisión en lingua galesa S4C estrea Iaith ar Daith, unha nova serie de televisión onde cinco persoas famosas deciden afrontar o reto de aprender a lingua galesa nunha viaxe por diferentes puntos da xeografía do País de Gales.

    Fonte: WalesOnline

    21 de abril de 2020

    A Hum é un novo medio audiovisual en lingua occitana que naceu co obxectivo de difundir a cultura da rexión francesa de Gascuña.

    Fonte: Jornalet

    21 de abril de 2020

    A República de Bulgaria advertiulle a Macedonia do Norte que se quere ingresar na Unión Europea debe abandonar as súas reivindicacións sobre a existencia dunha comunidade de lingua macedonia no sur de Bulgaria.

    Fonte: Greek City Times

    20 de abril de 2020

    Euskaltzaindia, xunto ao Centro Vasco de Terminoloxía, recolleu 25 palabras en éuscaro para aclarar as dúbidas sobre os termos relacionados co coronavirus. Este léxico básico ten como principais destinatarios os medios de comunicación e os profesionais sanitarios que se expresan nesta lingua.

    Fonte: El Correo

    20 de abril de 2020

    O ciclo "Pa que nun t'aburras: Cocina, Visita y Caleyavilés", dirixido ao público adulto, desenvolverase entre os días 20 e 24 de abril. Consta de cinco actividades virtuais e gratuítas en asturiano que ofrecen alternativas culturais e de lecer, como un obradoiro de cociña, unha exposición virtual...

    Fonte: La Nueva España

    20 de abril de 2020

    O Portal das Palabras, a iniciativa para a difusión do léxico impulsada pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, súmase á celebración do Día das Letras Galegas cunha serie de contidos divulgativos sobre a vida e a obra de Ricardo Carballo Calero.

    20 de abril de 2020

    Medra a preocupación entre proxenitores anglófonos de todo o País de Gales porque non poden axudar os seus fillos e fillas que están escolarizados en centros de inmersión en galés durante a corentena decretada por mor do coronavirus.

    Fonte: BBC

    20 de abril de 2020

    O Instituto Confucio da Universidade do Porto iniciou un curso gratuíto en liña de chinés que se impartirá todos os venres até o día 8 de maio.

    Fonte: Esquerda

    17 de abril de 2020

    'Etxealditik Euskaraldira' é unha iniciativa pensada para o confinamento que ten como obxectivo convidar a usar máis o éuscaro na casa e reflexionar sobre o emprego desta lingua en todos os contextos.

    Fonte: EITB

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder