Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de abril de 2020

    Despois de que a primeira tempada se situase en Netflix entre as producións de fala non inglesa máis vistas, O sabor das margaridas, a primeira serie en galego emitida pola devandita plataforma, estreou recentemente na Televisión de Galicia a segunda tempada, que en breve estará dispoñible tamén na distribuidora norteamericana. Trátase dunha proba máis do éxito que están a adquirir en todas as plataformas os thrillers galegos, no que xa se deu en chamar Galician noir.

    17 de abril de 2020

    O servizo de consultas lingüísticas da Dirección Xeral de Política Lingüística Optimot e o Termcat colaboran no concurso de lingua de San Jordi, cuxo lema é “Per Sant Jordi, clava-la amb l’Optimot i el TERMCAT!”. Nesta edición proponse publicar termos relacionados coa natureza (flores, árbores, animais etc.) que se atopen nalgunha canción catalá.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    17 de abril de 2020

    A versión 7.5.1.7 do teclado virtual SwiftKey permite a utilización de varios idiomas falados en América do Sur, entre os que se inclúe o mapuche ou mapudungún.

    Fonte: Pisapapeles

    17 de abril de 2020

    O movemento para conseguir que a gramática da lingua española adopte termos máis inclusivos está gañando unha ampla adhesión na Arxentina, mesmo en boca do seu presidente Alberto Fernández que empregou o termo neutro "arxentines" para dirixirse a toda a cidadanía por mor da crise do coronavirus.

    Fonte: The New York Times

    16 de abril de 2020

    Varios colectivos demándanlle á Real Academia Galega que o ano 2021 estea tamén dedicado á memoria de Ricardo Carvalho Calero, dada a excepcional situación de crise sanitaria.

    Fonte: Galicia Confidencial

    16 de abril de 2020

    O Goberno balear autorizou un novo mestrado para que imparta a Universidade das Illas Baleares o vindeiro curso 2020-2021 sobre competencia lingüística e literaria, investigación e ensino.

    Fonte: 20minutos

    16 de abril de 2020

    O Consorcio para a Normalización Lingüística reorganizou a súa actividade para, baixo o slogan “Connecta’t. Activa el teu català!”, ofrecer en liña unha boa parte dos seus servizos e permitir así que as persoas interesadas continúen aprendendo catalán. Así ocorre cos cursos de catalán da plataforma virtual Parla.Cat, o Voluntariado pola Lingua ou o asesoramento lingüístico telemático.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    16 de abril de 2020

    Baía Edicións puxo en marcha a campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa, coa que facilita o libre acceso en formato dixital a unha selección de dez obras de literatura infantil e xuvenil en lingua galega, que xa están dispoñibles para descargar na súa páxina web.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de abril de 2020

    Talín, a capital de Estonia, comezará a emitir na canle de televisión PBK un parte de noticias en lingua rusa co fin de que a poboación de orixe rusa poida seguir os acontecementos da crise sanitaria do Covid-19.

    Fonte: ERR

    15 de abril de 2020

    Desde a BBC de Londres o 14 de abril de 1947 comezouse a emitir 'Galician Programme’, un espazo que supuxo a primeira programación estable en lingua galega. Emitíase cada tres semanas, cunha duración variable, e estivo en antena ata 1956, cando se retirou por presións do goberno de Franco.

    Fonte: Nós Diario

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder