O Goberno de Suíza implementará novas leis para garantir que os residentes estranxeiros teñan competencia en tres linguas oficiais: alemán, francés e italiano.
Fonte: The Local
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno de Suíza implementará novas leis para garantir que os residentes estranxeiros teñan competencia en tres linguas oficiais: alemán, francés e italiano.
Fonte: The Local
A Deputación de Guipúscoa comprométese, co acordo asinado coa Consellería de Política Lingüística do Goberno vasco, a destinar 42 457 euros á liña de axudas dirixida ao alumnado dos euskaltegis, que asegura dende 2020 a gratuidade dos estudos de éuscaro ata a acreditación do nivel B2 segundo o marco europeo.
Fonte: Noticias Press
Segundo o informe elaborado polo Consello Escolar de Navarra, arredor do 40 % dos 109 734 estudantes escolarizados na Comunidade Foral en 2018-19 estudaba éuscaro, dos cales un 25 % o facía no modelo de inmersión lingüística (modelo D) e o resto como materia (modelo A).
Fonte: Noticias de Navarra
Este proxecto, posto en marcha polo concello bilbaíno en colaboración cos euskaltegis, busca promover o uso do éuscaro no tempo libre, especialmente entre persoas que están aprendendo, con actividades para xaneiro como talleres gastronómicos, degustacións, visitas guiadas a museos e sesións de danza vasca.
Fonte: Noticias Press
A película de animación 3D A Galiña Turuleca, producida por Tandem Films e Filmax, estréase nos cines españois o 1 de xaneiro e contará cunha versión en galego e outra en castelán.
Fonte: Extra Digital
Como vén sendo habitual, a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia celebrou na vila natal do autor homenaxeado polas Letras Galegas ‒neste caso, Antonio Fraguas‒, a súa VIII reunión ordinaria anual, que presidiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, coa participación do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, así como a doutros representantes de entidades que conforman a Área Política do proxecto.
Poderán presentarse ao XXVI Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro (convocado polo Concello de Lalín en colaboración coas tres universidades galegas) artigos, libros, entrevistas, reportaxes, viñetas, fotografías, comentarios etc., publicados en galego ou en castelán en diferentes medios, sobre temas relacionados coa gastronomía galega, en particular, e a gastronomía, en xeral, nos últimos 2 anos.
A cidade francesa de Niza terá a partir do próximo curso unha nova escola bilingüe onde os escolares poderán aprender, ademais do francés, o dialecto nizardo do occitano.
Fonte: Nice-Matin
O condado escocés de West Lothian aproba un plan para a promoción do uso do gaélico e o seu ensino na escola dentro da súa xurisdición local.
Fonte: Daily Record
Segundo datos da Universidade de Barcelona, na cidade conviven 174 nacionalidades e máis de 300 linguas. Despois do catalán e o castelán figuran, por esta orde, amazig, árabe, bengalí e urdú. Así mesmo, Linguapax Internacional engade que en Barcelona se falan principalmente 38, entre as que se sitúan, ademais das mencionadas, o chinés mandarín, o romanés, o inglés, o ruso ou o quechua.
Fonte: 20 minutos
Subscríbase ao boletín