Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de decembro de 2019

    A alcaldesa de Redondela presentou as liñas de traballo acordadas na reunión anual da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para os centros educativos.

    Fonte: Faro de Vigo

    30 de decembro de 2019

    A obra Cartografías da narrativa galega contemporánea, de Xaquín Núñez Sabarís, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019, que convocan conxuntamente a Consellería de Cultura e Turismo e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    30 de decembro de 2019

    O escenario móbil que percorrerá todos os municipios de Mallorca durante 2020 con música en catalán comezou a súa andaina no Concello de Palma, unha iniciativa que busca promover o uso social da lingua catalá nas illas como elemento de concordia e integración.

    Fonte: Diario de Mallorca

    30 de decembro de 2019

    Este novo material ten como finalidade facilitar a integración lingüística das persoas chegadas de Latinoamérica a través da exposición das vantaxes de aprender a falar o catalán, novena lingua da Unión Europea, presente nun territorio de máis de 68 000 quilómetros cadrados no que máis de 9 millóns de persoas poden falar esta lingua.

    Fonte: El Confidencial Autonómico

    30 de decembro de 2019

    O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, inaugurou a exposición Nortear Ilustrado, ao abeiro do Programa europeo Nortear que ten como finalidade conservar, investigar e difundir a cultura galega e da Rexión do Norte de Portugal.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    30 de decembro de 2019

    O Nadal Solidario da Xunta de Galicia encheuse de cores da man de Os Bolechas. A popular familia, idea orixinal de Pepe Carreiro, desprazouse ata o Tinglado do porto de Vigo para ir quentando os motores da que é a derradeira fin de semana do ano.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    27 de decembro de 2019

    A corporación de noticias británica BBC incluíu a xornalista finlandesa Sara Wesslin na lista das cen mulleres máis influentes do mundo. Sara foi escollida con esta distinción polo seu traballo na salvagarda da lingua saami de Skolt, unhas das variedades máis ameazadas deste idioma urálico.

    Fonte: News Now Finland 

    27 de decembro de 2019

    Oxford Dictionaries declarou o sintagma "climate emergency" nova palabra do ano 2019 en inglés. No espazo de 12 meses, o uso deste termo incrementouse exponencialmente.

    Fonte: The Guardian

    27 de decembro de 2019

    A Sociedade da Lingua Alemá (SfdS, polas súas siglas en alemán) anunciou a palabra do ano 2019: "Respektrente". O termo fai referencia á pensión de xubilación que deben recibir as persoas xubiladas para vivir con dignidade.

    Fonte: The Local

    27 de decembro de 2019

    O primeiro ministro indio, Narendra Modi, anunciou o seu interese en que a India se converta en país observador da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

    Fonte: Mundo Lusíada

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder