O Goberno de Suecia declarou que creará unha comisión que examinará os abusos cometidos polo Estado sueco contra a minoría lingüística meänkieli con motivo das políticas de asimilación que se aprobaron en tempos pasados.
Fonte: The Japan Times
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno de Suecia declarou que creará unha comisión que examinará os abusos cometidos polo Estado sueco contra a minoría lingüística meänkieli con motivo das políticas de asimilación que se aprobaron en tempos pasados.
Fonte: The Japan Times
A situación causada pola pandemia do coronavirus obrigou o equipo organizador do festival nacional Eisteddfod, a celebración máis importante de poesía e música en lingua galesa, a adialo para o ano que vén.
Fonte: Wales Online
A Xunta de Galicia vén de facilitar as condicións de acceso a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Ata agora só estaba accesible para os usuarios destas bibliotecas, polo que era preciso ter carné, e desde este momento ábrese toda a poboación.
Fonte: Xunta de Galicia
A través da súa conta de Instagram, a Real Academia Española propón un novo reto para os días de confinamento. A través de xogos lingüísticos e tests, a institución pretende poñer a proba os coñecementos de persoas adultas e nenos en relación coa ortografía e a gramática da lingua española.
Fonte: Diario de Sevilla
O obxectivo deste convenio, asinado entre a Universidade de Alacant e Escola Valenciana, é formar, a partir da cooperación entre ambas as institucións, un grupo de traballo para fomentar a investigación e a difusión sobre a educación multilingüe, tanto no ámbito universitario como nos diferentes niveis do ensino non universitario.
Fonte: La Vanguardia
Co obxectivo de fomentar a participación da cidadanía no enriquecemento da Galipedia, a Wikipedia en galego, ponse en marcha a iniciativa EuTraduzoNaCasa para impulsar a incorporación de persoas voluntarias ao equipo de tradución desta enciclopedia en liña. En concreto, a proposta consiste en facer traducións de artigos bos e de calidade da Wikipedia en castelán que aínda non existan na Galipedia.
Xosé Luís Franco Grande, que faleceu aos 84 anos de idade, foi responsable do primeiro Diccionario galego-castelán (1968), así como escritor e avogado e membro da Real Academia Galega dende 1998.
Fonte: Praza Pública
O programa Euskal Kirolari está a compartir vídeos en éuscaro, protagonizados por deportistas vascos (como a surfista Leticia Canales, os futbolistas Ibai Gómez e Luca Sangalli, o ciclista Mikel Landa ou a remeira Nerea Pérez), co obxectivo de fomentar a actividade física na casa durante o confinamento.
O Goberno de Euskadi e a Oficina Pública da Lingua Vasca de Iparralde comprometéronse a colaborar no impulso do éuscaro en 2020 e definiron as liñas de traballo para este ano, así como as asignacións económicas que se destinarán á promoción desta lingua no País Vasco francés.
Fonte: El Diario Vasco
A Autoridade Portuaria de Valencia puxo en marcha a campaña #AlPieDelCañon, unha iniciativa solidaria que inclúe mensaxes en oito idiomas diferentes, entre os que se atopan o inglés, o francés, o alemán, o chinés ou o árabe, entre outros, co obxectivo de facela chegar a todos os continentes.
Fonte: Naucher Global
Subscríbase ao boletín