Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de decembro de 2019

    Petiscos Gastrobar, Cenlitrosmetrocadrado e Escola de Estudos Musicais Allegro reciben os galardóns da segunda edición do Premio Lingua e Empresa, que convoca o Concello de Ames co obxectivo de fomentar o uso do galego na actividade económica do municipio.

    Fonte: Concello de Ames

    20 de decembro de 2019

    Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística, en Galicia editouse en 2018 un total 1998 títulos, un 6,7 % máis que no ano anterior. Destes, 896 estaban en castelán e 793, noutra lingua oficial. A nivel estatal, publicáronse en galego 1144 libros, dos cales case oito de cada dez se editaron en Galicia, o 10,8 % na Comunidade de Madrid e o 4,3 % en Cataluña.

    20 de decembro de 2019

    Aínda que a maior parte da poboación de Nova Zelandia teña o inglés como lingua materna, este idioma é só unha lingua de feito e non de dereito. Unha petición, rexistrada recentemente, quere cambiar esta situación e converter o inglés en idioma oficial xunto co maorí e a lingua de signos.

    Fonte: Times

    20 de decembro de 2019

    "Rosaliadecastro" e "Riosar" son os nomes escollidos pola Unión Astronómica Internacional para denominar respectivamente a estrela HD 149143 e o seu exoplaneta HD 149143 b, despois dunha votación onde había unha vintena de propostas.

    Fonte: Praza Pública

    19 de decembro de 2019

    Os Bolechas celebran o Nadal, sen neve e moi preocupados polo quecemento do planeta, no marco das propostas de dinamización lingüística do programa Nadal en Rede impulsado pola Rede de Dinamización Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de decembro de 2019

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan unha nova edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa “Nós tamén creamos!” para o curso académico 2019/2020.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de decembro de 2019

    O Consello de Goberno aprobou a especialización en lingua aragonesa nos graos de Educación Infantil e de Primaria da Universidade de Zaragoza a partir do vindeiro curso 2020/2021.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    19 de decembro de 2019

    Euskarabidea resolveu a convocatoria de axudas dirixidas ao uso do éuscaro en prensa escrita, radios e medios de comunicación en liña. En total destináronse 665 939,95 euros dos que se beneficiaron 22 medios.

    Fonte: Gobierno de Navarra

    19 de decembro de 2019

    Os establecementos comerciais de Narón poderán solicitar as etiquetas adhesivas que ofrece o Concello con lemas en galego para colocar nos agasallos durante o Nadal.

    Fonte: Concello de Narón

    18 de decembro de 2019

    Un estudo elaborado pola Universidade de Alberta revela que os nenos e as nenas bilingües demostran un bo nivel de flexibilidade cognitiva e teñen boas capacidades para contar historias en calquera das dúas linguas.

    Fonte: Medical Express

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder