Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de decembro de 2019

    A plataforma convoca estas manifestacións nas sete principais cidades galegas para demandarlle á Xunta que cumpra as recomendacións do Consello de Europa e derrogue o decreto de plurilingüismo.

    Fonte: Galicia Confidencial

    17 de decembro de 2019

    Unha enquisa do Eustat confirma que uso do éuscaro en Áraba aumenta canto máis descende a idade. Así, o 20 % da mocidade de ata 19 anos fala éuscaro como primeira lingua ou lingua compartida e máis do 80 % defínese como bilingüe.

    Fonte: Gasteiz hoy

    17 de decembro de 2019

    Xa se coñecen as empresas e as entidades galardoadas na XX edición dos Premios Manuel Beiras, que convoca o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio. Trátase de Strelia Electrotecnia, Numax e a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    17 de decembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da nova versión do Corpus Documental do Galego Actual (CORGA 3.2.), unha ferramenta lingüística en liña desenvolvida polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) representativa do uso lingüístico do galego actual.

    17 de decembro de 2019

    A Real Academia Galega (RAG) fixo unha declaración verbo dos acordos do Comité de Ministros do Consello de Europa sobre a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, o cal aprobou unha serie de recomendacións para o seu cumprimento relativas ao uso do galego na xustiza, no ensino e na Administración do Estado, unhas recomendacións que están na liña das demandas da propia RAG.

    16 de decembro de 2019

    A Consellería de Educación do Goberno balear e o Concello de Palma reuníronse para coordinar a política lingüística da cidade, así como rendibilizar os recursos e aproveitar a influencia territorial da capital para acadar maior presenza da lingua catalá na rúa.

    Fonte: La Vanguardia

    16 de decembro de 2019

    A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana organiza o evento, denominado A banda sonora da oficialidade, no que quince artistas actúan para reivindicar unha reforma do Estatuto de Autonomía que recoñeza a oficialidade do asturiano e faga transcender a lei de usos e promoción desta lingua, actualmente en vigor.

    Fonte: La Nueva España

    16 de decembro de 2019

    Alumnado de escolas públicas do Brasil de 12 estados recibiron os premios da sexta edición da Olimpíada da Lingua Portuguesa, iniciativa que organiza o Ministerio de Educación do Brasil e a Fundación Itaú Social. Minas Gerais e Ceará foron os estados con máis vencedores.

    Fonte: EBC

    16 de decembro de 2019

    CCCG, a Comunidade de Creadores de Contido en Galego, nace coa vontade de reunir na Coruña persoas interesadas na creación de contidos de todo tipo en lingua galega.

    Fonte: Coruña Dixital

    16 de decembro de 2019

    O programa Startalk dos EUA, que financia proxectos de ensino de linguas consideradas cruciais, non inclúe este ano o portugués. En troco, as linguas contempladas serán o árabe, o chinés, o hindi, o coreano, o persa, o ruso, o turco e o urdú.

    Fonte: Público

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder