A Consellería de Cultura e Turismo puxo en marcha a campaña #Aculturasegue con recursos en liña dos seus arquivos, museos e bibliotecas etc., así como ferramentas para a difusión, uso e perfeccionamento da lingua galega.
Fonte: Galicia Confidencial
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Consellería de Cultura e Turismo puxo en marcha a campaña #Aculturasegue con recursos en liña dos seus arquivos, museos e bibliotecas etc., así como ferramentas para a difusión, uso e perfeccionamento da lingua galega.
Fonte: Galicia Confidencial
Nunha iniciativa dos portugueses Sandra Pereira e João Ferreira, máis de 60 eurodeputadas e eurodeputados de varios países presentaron unha carta reclamando unha maior contratación de profesionais da tradución nas institucións europeas. A falta de profesionais podería pór en risco o multilingüismo da UE.
Fonte: JN
A República de Mongolia anunciou que a partir do ano 2025 abandonará o alfabeto cirílico e restaurará o uso da escritura vertical tradicional.
Fonte: Jornalet
A cidadanía poderá acceder, de xeito telemático, a diferentes recursos para aprender, practicar e promover o catalán, como cursos en liña, voluntariado lingüístico, servizo para atención de dúbidas lingüísticas etc.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un grupo de falantes de mirandés gravou un vídeo en mirandés en que se apela a poboación de Miranda do Douro a que fique na casa por mor do coronavirus.
Fonte: Sapo 24
O Goberno de Gales encargoulle ao estudio de deseño Smörgåsbord unha nova fonte tipográfica que será usada especificamente para a lingua galesa.
Fonte: Design Week
Como cada 20 de marzo, as Nacións Unidas celebraron o Día da Lingua Francesa co fin de promover a riqueza deste idioma que se fala nos cinco continentes. A celebración cumpre 50 anos con esta edición.
Fonte: Ministère de la Culture
Unha nova tecnoloxía máis sofisticada permitirá que 171 das 222 estacións ferroviarias que existen no País de Gales teñan sistema de información por megafonía en lingua galesa.
Fonte: Rail Business UK
O tecido cultural galego ofrece recursos culturais e de lecer para estes días de illamento, no eido audiovisual, coa proxección de cinema na rede, ou con recursos, como contos e música, para que os máis pequenos se entreteñan.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O documento El desenvolupament de la llengua catalana en l’entorn dels assistents virtuals amb veu amosa a importancia que teñen os asistentes de voz para o catalán e para toda a sociedade e propón estratexias para avanzar neste ámbito.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Subscríbase ao boletín