Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de decembro de 2019

    O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, salientou que a nova sede do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) que se instalará no Pazo de Dona Urraca, no barrio lucense da Tinería, exercerá como “polo de atracción da creatividade local” e xerador de talento para a capital lucense.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de decembro de 2019

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Tomiño puxo en marcha unha campaña de Nadal para o fomento do galego que consiste na entrega aos establecementos comerciais de etiquetas adhesivas para colocar nos paquetes dos agasallos con diferentes lemas nesta lingua.

    Fonte: Concello de Tomiño

    16 de decembro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, na Investidura de Galeguidade Empresarial de Rodríguez López Auto organizada polo Foro E. Peinador.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    13 de decembro de 2019

    O xigante da tecnoloxía Google anunciou que a súa ferramenta de interpretación simultánea "Interpreter mode" xa se pode empregar nos dispositivos de telefonía móbil. O programa permitirá traducir oralmente contidos dunha lingua a outra dun xeito simultáneo.

    Fonte: CNET

    13 de decembro de 2019

    O ministro de Educación da República de Irlanda recibiu unha petición de 12 000 sinaturas que demanda que se aprobe unha lei para o desenvolvemento integral do ensino do gaélico irlandés en todas as escolas do país.

    Fonte: The Irish Times

    13 de decembro de 2019

    Este recoñecemento leva entregándose dende hai 8 anos coa finalidade de promover a consolidación do éuscaro no mundo laboral e empresarial. Con estas novas 25 certificacións xa suman 393 entidades co recoñecemento de calidade na xestión lingüística.

    Fonte: El Diario

    13 de decembro de 2019

    O Departamento de Lingua do Concello de Santiago presentou Delingua, unha nova web que ofrece información sobre programas, actividades e recursos postos en marcha por esta institución para promover e dinamizar o emprego do galego.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    13 de decembro de 2019

    A Facultade de Veterinaria está levando a cabo varias iniciativas a prol do uso do galego neste centro. Proba disto é o feito de que lle ofrecen ao alumnado materiais de estudo nesta lingua para un terzo das materias da titulación, ademais de organizar campañas e concursos de sensibilización.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    13 de decembro de 2019

    O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución da convocatoria, realizada pola Secretaría Xeral de Medios, de subvencións para o ano 2019 destinadas a empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    13 de decembro de 2019

    No seu quinto informe sobre o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, o Consello de Europa, con sede na cidade francesa de Estrasburgo, volveu censurar a política lingüística da Xunta de Galicia e pide, entre outras cousas, que se eliminen os atrancos á docencia en galego en todos os niveis educativos. 

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder