Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de marzo de 2020

    A editorial inglesa Oxford University Press está a levar a cabo un ambicioso proxecto que permitiu eliminar xa a linguaxe sexista que aparecía en multitude de exemplos que acompañaban palabras contidas nos diferentes dicionarios.

    Fonte: The Guardian

    10 de marzo de 2020

    O filme coreano Parasitos do director Bong Joon Ho converteuse na longametraxe en fala estranxeira de maior beneficio económico en toda a historia do Reino Unido, tras superar A paixón de Cristo dirixida por Mel Gibson.

    Fonte: Variety

    09 de marzo de 2020

    O premio "Ribadumienses en prol do galego", convocado dende hai catro anos polo Concello de Ribadumia, é un recoñecemento ás persoas e entidades do municipio que destacan pola súa defensa e posta en valor desta lingua. O galardón entrégase o 17 de maio durante os actos centrais do Día das Letras Galegas.

    Fonte: Faro de Vigo

    09 de marzo de 2020

    Estes seis novos dicionarios de terminoloxía en éuscaro, dedicados a temas como arqueoloxía, circulación, dereito urbanístico, banca e aforro, xardinería e apicultura, veñen a actualizar e complementar o Banco Terminolóxico Público Euskalterm.

    Fonte: La Vanguardia

    09 de marzo de 2020

    Por primeira vez inclúese nos cursos de acceso de primeiro destino o estudo do catalán para axentes da Garda Civil destinados a Cataluña. Esta medida afectará a 176 membros do corpo que se van incorporar ao seu novo posto en Barcelona, Xirona, Lleida e Tarragona.

    Fonte: Cadena SER

    06 de marzo de 2020

    Algunhas escolas públicas do Xapón están tendo dificultades para dispor de profesorado de xaponés que se ocupe do ensino desta lingua a nenos e nenas procedentes de familias estranxeiras.

    Fonte: The Japan Times

    06 de marzo de 2020

    O Goberno do Reino Unido anunciou a aprobación dun programa de integración de 6,5 millóns de libras para que as comunidades locais invistan na capacitación en inglés de persoas que falen outras linguas.

    Fonte: Gov.uk

    06 de marzo de 2020

    Auga Seca, un thriller de seis capítulos que trata o mundo do tráfico de armas, está rodada orixinalmente en galego e portugués. Agora incorpórase ao catálogo de HBO España, que tamén ofrecerá versión dobrada ao castelán con subtítulos en español e inglés.

    Fonte: Serielizados

    06 de marzo de 2020

    O Curso de acollemento lingüístico está pensado para persoas adultas procedentes doutras comunidades lingüísticas que desexen realizar un primeiro achegamento á lingua e á cultura galegas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    06 de marzo de 2020

    O Concello de Donostia abriu unha liña de axudas para este ano destinada a subvencionar a rotulación en éuscaro, tanto exterior como interior, de establecementos comerciais, hostaleiros ou doutro tipo da cidade.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder