Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de marzo de 2020

    Nunha reunión do Instituto Camões en Lisboa, o presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, defendeu unha vez máis a necesidade de promover o ensino do portugués en países non lusófonos para conseguir a súa universalización.

    Fonte: Mundo Lusíada

    06 de marzo de 2020

    Un informe da ONG Human Rights Watch revelou que a política de ensino bilingüe que China impón desde hai unha década na Rexión Autónoma do Tíbet e outras zonas de tradición tibetana está facendo minguar o ensino na lingua vernácula nas escolas.

    Fonte: Human Rights Watch

    05 de marzo de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da nova revista Confraría da Humildade. Semana Santa 2020, que dá conta da axenda de cultos e actos programados pola Confraría da Humildade do 3 ao 19 de abril, no marco da celebración da festa máis importante do calendario cristián deste ano.

    05 de marzo de 2020

    O Portal da Lingua Galega publicou a resolución do Concurso-exposición Letras Galegas 2020, un certame que cada ano convocan a Xunta de Galicia co apoio de Feiraco.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de marzo de 2020

    Representantes de 17 entidades públicas e privadas de Vitoria-Gasteiz reuníronse para estudar a posibilidade de crear espazos para falar e expresarse en éuscaro, espazos que se formarían dentro de cada unha das organizacións para fomentar o uso desta lingua entre os seus membros, así como co resto da cidadanía.  

    Fonte: Gateiz Hoy

    05 de marzo de 2020

    O estudo, denominado Estudi-ULAS, diríxese ao persoal médico e de enfermería que traballa en centros públicos de Cataluña e ten como obxectivo coñecer as súas necesidades lingüísticas para así ofrecerlle os recursos e servizos que sirvan para fomentar o uso do catalán e mellorar deste xeito a atención aos usuarios.

    Fonte: La Vanguardia

    05 de marzo de 2020

    A Fundación Antonio Fraguas Fraguas e a Xunta de Galicia veñen de convocar a XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas que ten como obxectivo poñer en valor o patrimonio lingüístico e cultural galegos desde o ensino valorando especialmente aquelas iniciativas que fomenten a educación en igualdade do alumnado.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de marzo de 2020

    A Cámara Municipal de Vila Real, en Portugal, convocou unha bolsa de estudos para aprender lingua alemá na Universidade de Osnabrück (Alemaña).

    Fonte: Notícias de Vila Real

    04 de marzo de 2020

    Un grupo de persoas investigadoras presentou na Cámara Lexislativa de Estonia o Riigikogu, unha declaración a favor de promover o estudo e a investigación en lingua e cultura estonianas.

    Fonte: ERR

    04 de marzo de 2020

    Co obxectivo de fomentar a presenza do catalán nas novas tecnoloxías, especialmente as relacionadas co entretemento da xente nova, o Departamento de Cultura convoca unha liña de axudas, cunha dotación de 100 000 euros, dirixida ás empresas que incorporen esta lingua nos seus produtos dixitais.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder