Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de marzo de 2020

    A Deputación de Valencia e a Academia Valenciana da Lingua animan a ler en valenciano cunha colección de cómics denominada ‘Gràfica’ que chegará aos concellos e aos centros de ensino.

    Fonte: El Periodic

    04 de marzo de 2020

    Despois de catro décadas, o Concello de Ribeira asume que o topónimo oficial e o único legal da localidade se escribe con b, como fixa o Decreto 189/2003 e a propia Lei de normalización lingüística, que establece que é a Xunta a que determina a toponimia oficial.

    Fonte: Praza Pública

    04 de marzo de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de apertura das Xornadas Xosé Calviño 2020 organizadas polo IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela coa colaboración da Xunta de Galicia e mais do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    03 de marzo de 2020

    O éuscaro convértese na única lingua minorizada de Francia que rexistra un incremento no número de falantes. O principal motivo deste progreso está na aposta polo ensino en éuscaro en Iparralde.

    Fonte: L'Express 

    03 de marzo de 2020

    O estado centroafricano do Camerún anunciou un ambicioso programa que apostará pola promoción e oficialización das súas linguas indíxenas co fin de pór solución ao conflito secesionista que azouta o país desde hai anos.

    Fonte: Voa News

     

    03 de marzo de 2020

    O Ateneo Ferrolán acolle a mostra “Don Ricardo de Fingoi. Carballo Calero en Lugo”, que conmemora os 15 anos que o autor a quen a Real Academia Galega (RAG) lle dedicará o vindeiro 17 de maio residiu na Cidade das Murallas para exercer como profesor e conselleiro delegado do Colexio Fingoi.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    03 de marzo de 2020

    Os Esenciais son recursos pensados para apoiar o traballo do profesorado e que o alumnado conte cunha guía de referencia no proceso de aprendizaxe dos contidos dunha materia, ademais de permitir mellorar a comunicación lingüística en galego no ámbito científico.   

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    03 de marzo de 2020

    Baixo o lema “Euskara eskubidea, ni más ni menos”, miles de persoas rexeitaron nunha manifestación a postura dalgunhas Administracións públicas navarras e defenderon o seu dereito a estudar en éuscaro no ensino público en todos os ciclos formativos.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    03 de marzo de 2020

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Nigrán aprobada o pasado 25 de novembro de 2019. Trátase dun texto moi breve, que só contén catro artigos e que carece de referencias á creación dun servizo técnico para esta área.

    Fonte: CTNL

    03 de marzo de 2020

    Un total de 38 comercios, empresas e entidades de Barañáin recibiron os certificados Bai Euskarari 2019 polo seu labor a prol do fomento do éuscaro.

    Fonte: Diario de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder