Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de febreiro de 2020

    O Instituto Goethe promove o ensino e a aprendizaxe da lingua alemá por medio dunha clase gratuíta na cidade brasileira de Curitiba.

    Fonte: Diário Indústria & Comércio

    26 de febreiro de 2020

    A Cámara de Deputados de Romanía aprobou unha medida para recoñecer a lingua de signos como idioma materno das persoas xordas ou con dificultades auditivas.

    Fonte: Romania Insider 

    26 de febreiro de 2020

    O concurso literario Ficcions, dirixido ao alumnado do segundo ciclo de ensino secundario e de bacharelato de centros educativos valencianos, cataláns e baleares, chega á súa 12ª edición co obxectivo de promover a lectura e a escritura en lingua catalá.   

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    26 de febreiro de 2020

    O Concello de Oñati destinará unha partida económica de 8575 euros a dúas novas liñas de axudas: unha dirixida á cidadanía que está a aprender éuscaro e outra para impulsar o uso desta lingua nos rótulos, a imaxe corporativa e as páxinas web dos establecementos comerciais da localidade.

    Fonte: Diario Vasco

    26 de febreiro de 2020

    Os departamentos de éuscaro dos concellos de Barakaldo, Portugalete, Santurtzi e Sestao crearon un logo común para incluír en todas as actividades de fomento desta lingua que se organicen nos catro municipios.

    Fonte: En Portugalete

    26 de febreiro de 2020

    O obxectivo do Premio Rosalía de Castro, convocado pola Deputación da Coruña, é o recoñecemento de iniciativas, traballos ou entidades comprometidas coa promoción e o uso do galego.

    Fonte: Deputación da Coruña

    26 de febreiro de 2020

    Segundo os datos proporcionados polo Goberno vasco, case o 34 % (389 767 persoas) da mocidade de entre 5 e 24 anos ten como lingua materna unicamente o éuscaro ou tanto o éuscaro como o castelán, unha cifra que supón case un 12 % máis que hai 40 anos.

    Fonte: Goberno Vasco

    26 de febreiro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Santiago de Compostela nos actos organizados pola Fundación Rosalía de Castro con motivo do Día de Rosalía, que conmemora o 183º aniversario do nacemento da autora galega.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de febreiro de 2020

    Na súa primeira reunión ordinaria de 2020, a Comisión de Toponimia de Cataluña abordou as accións previstas para este ano, como a actualización do nomenclátor oficial de Cataluña, a publicación do nomenclátor do Val de Arán ou a elaboración do nomenclátor mundial.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    24 de febreiro de 2020

    As novas leis de inmigración que se imporán co Brexit limitarán a entrada ao Reino Unido de persoas non cualificadas ou que non falen inglés.

    Fonte: The Guardian

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder