O presidente de Francia, Emmanuel Macron, anunciou que prohibirá o ensino de linguas estranxeiras en escolas públicas por profesorado non controlado polo Estado francés.
Fonte: Jornalet
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O presidente de Francia, Emmanuel Macron, anunciou que prohibirá o ensino de linguas estranxeiras en escolas públicas por profesorado non controlado polo Estado francés.
Fonte: Jornalet
O presidente de Cabo Verde, Jorge Carlos Fonseca, declarou con motivo do Día Internacional da Lingua Materna que se deben acelerar os mecanismos para converter o crioulo en lingua oficial do arquipélago.
Fonte: Notícias ao Minuto
A Axencia Rexional da Lingua Friulana (ARLeF) impartirá en colaboración co Instituto de Investigacións Económicas e Sociais da rexión italiana Friúl-Venecia Xulia un curso para promover o uso da lingua friulana no ámbito do traballo. Trátase do primeiro curso deste tipo que se imparte en Italia.
Fonte: Il Friuli
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo que for parcialmente destruído por un incendio vai reabrir as súas portas no mes de xuño. A reapertura contará con novidades entre as que se destaca o acceso directo desde a contigua Estación da Luz.
Fonte: Novo Dia
Un evento celebrou no 17 barrio de París a fraternización das culturas lusófona e francófona ou "luso-francofonía". O encontro contou coa participación de artistas de diferentes países lusófonos e francófonos e foi organizado pola Embaixada de Cabo Verde en Francia.
Fonte: RFI
A Generalitat de Cataluña incorpora ao servizo do 061 CastSalut Respon un equipo de interpretación en lingua de signos catalá, un importante paso que permitirá acceder a este servizo público sanitario a persoas xordas a través dos seus móbiles ou tabletas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O recurso Patrimonio Léxico da Gallaecia, iniciativa enmarcada dentro do proxecto GEOARPAD, nace co obxectivo de documentar e mostrar a variación no léxico patrimonial actual dentro da área que comprende a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e as zonas galegófonas de Asturias e de Castela e León.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Joves de Mallorca per la Llengua organiza un concurso literario dirixido a persoas de 15 a 30 anos cuxo obxectivo é impulsar a creación literaria e artística en catalán entre a mocidade.
Fonte: Última Hora
A aplicación Galicia Nomeada, creada para a recolleita colaborativa da microtoponimia galega, recibiu en dous meses máis de 600 solicitudes de persoas interesadas en rexistrar e xeorreferenciar microtopónimos. Así mesmo, grazas a estas colaboracións introducíronse na plataforma máis de 4000 nomes de montes, leiras, fontes e mesmo penedos ou rochas da costa pertencentes a 140 concellos.
A artista galega Guadi Galego recibiu no Círculo de Belas Artes o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español, concedido polos gobernos autonómicos de Euskadi, Cataluña, Galicia, Valencia, Navarra e Illas Baleares o pasado mes de novembro en Bilbao polo seu último traballo Immersion, no que recolle cancións e pon en valor sete linguas peninsulares.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín