Un informe realizado por un comité de expertos de Finlandia revelou que algúns estudantes finlandeses que teñen como primeira lingua o sueco prefiren falar inglés que finés.
Fonte: YLE
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un informe realizado por un comité de expertos de Finlandia revelou que algúns estudantes finlandeses que teñen como primeira lingua o sueco prefiren falar inglés que finés.
Fonte: YLE
A Cámara Municipal da localidade portuguesa de Barrancos está a desenvolver un proxecto de investigación e valorización do barranqueño como lingua local. O proxecto conta co apoio da Universidade de Évora e a Universidade Complutense de Madrid e pretende en primeiro lugar crear unha gramática, un dicionario e unha grafía uniforme para poder ensinar a lingua nas escolas. O obxectivo final sería converter o barranqueño en terceira lingua oficial de Portugal.
Unha proposta do concelleiro da cidade norteirlandesa de Belfast, Séanna Walsh, podería normalizar o nome en gaélico irlandés das rúas e vías da cidade.
Fonte: The Irish News
A Plataforma Vasca da Industria (Indeus) celebrou a súa asemblea co obxectivo de analizar a súa traxectoria como soporte á competitividade das empresas vascas mediante o incremento da presenza do éuscaro no ámbito industrial.
Fonte: Goberno Vasco
A Comisión Europea anunciou recentemente un concurso para contratar 50 profesionais que poidan traducir ao gaélico irlandés dado que esta lingua acadará o estatuto de idioma de traballo en 2022.
Fonte: Irish Times
O V Concurso de subtitulación de vídeos TED de Ciencias da Saúde ao galego, que organiza a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Farmacia, ten como obxectivo impulsar o uso desta lingua nesta área de coñecemento, así como fomentar a existencia de recursos divulgativos en galego en novos soportes neste ámbito.
O director do Instituto Confucio de Lisboa, Wang Jincheng, aproveitou a cuarta sesión dos Encontros de Estudos sobre China para valorar moi positivamente o ensino do chinés mandarín en Portugal. Segundo as súas palabras, o ensino desta lingua "vive a mellor fase da historia".
Fonte: Ni hao Portugal
Segundo un informe da Asociación de Industrias da Lingua no País Vasco, Langune, o 5,34 % do PIB de Guipúscoa, é dicir, uns 1300 millóns de euros, corresponde a sectores económicos vinculados directa ou indirectamente co éuscaro, mentres que para o conxunto do País Vasco a porcentaxe se sitúa nun 4,59 %.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Museo do Mar de Galicia acolleu a presentación da nova edición de Lingua de Namorar, o certame de declaracións de amor na rede que promove cada San Valentín a Xunta de Galicia, como unha iniciativa para dinamizar o uso do galego entre a mocidade nas súas relacións persoais e en internet.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A alcaldesa de Vic e deputada no Parlamento de Cataluña, Anna Erra, defendeu que as persoas falantes de catalán se dirixan nesta lingua ás que polo seu aspecto ou acento non aparenten falala, en referencia á campaña 'No em canviïs la Llengua' (Non me cambies a lingua) lanzada hai uns meses.
Fonte: La Vanguardia
Subscríbase ao boletín