A Real Academia Galega presentou no CEIP Cruceiro de Canido de Ferrol a nova edición do proxecto Primavera das Letras, dedicada a Ricardo Carballo [Carvalho] Calero. Así, a través da web primaveradasletras.gal, o alumnado de infantil e primaria poderá acceder a contidos lúdicos e didácticos sobre a vida e a obra do protagonista do Día das Letras Galegas 2020.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno vasco, as tres deputacións forais e Eudel destinarán catro millóns de euros á aprendizaxe do éuscaro ata o nivel B2 para que sexa gratuíta en todos os euskaltegis da comunidade. Para acceder ás subvencións e conseguir a gratuidade dos cursos, o alumnado deberá cumprir dous requisitos: asistir ao 75 % das clases e superar o nivel correspondente.
A empresa Education First prognostica que nos próximos anos a cidadanía de Arabia Saudita conseguirá mellorar as súas habilidades lingüísticas en lingua inglesa. Actualmente o país árabe ocupa a posición 98 dun total de 100 países en dominio do inglés.
Fonte: Arab News
O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, agradeceu a contribución para a proxección da lingua portuguesa do académico João Malaca Casteleiro, finado recentemente.
Fonte: Sapo 24
Este curso de nivel básico, que se impartirá ao longo dos meses de marzo e abril, está destinado a persoas de dentro e fóra de Galicia con escasos coñecementos da lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do Principado de Asturias indica que un concello carece de potestade para regular o uso dunha lingua que, como o asturiano, non é oficial, e situala en igualdade de condicións que o castelán, que si o é.
Fonte: La Voz de Asturias
Esta comisión aprobou unha declaración para impulsar un pacto político dos diferentes grupos municipais para regular o modelo lingüístico das escolas infantís que dependen do Concello de Pamplona.
Fonte: Pamplona Actual
Representantes de organizacións que traballan en defensa do galego, o éuscaro, o aragonés, o asturiano ou o catalán presentaron o manifesto 'Igualdade lingüística: liberdade, pluralidade e democracia' para esixirlle ao Goberno que tome as medidas requiridas polo Consello de Europa en relación con estas linguas.
Fonte: La Vanguardia
O partido dos Verdes do Condado irlandés de Donegal quere crear unha zona de fala gaélica nun contexto urbano que garanta o uso social da lingua.
Fonte: Highland Radio
O presidente de Letonia, Egil Levits, presentou unha proposta no Parlamento do país báltico para reducir a un 20 % a cota de contidos televisivos en ruso.
Fonte: UNIAN
Boletín
Subscríbase ao boletín


