Segundo a Enquisa de usos lingüísticos da poboación no Campo de Tarragona, case o 95 % desta entende o catalán, o 82,4 % sabe falalo, o 87,8 % é quen de lelo e o 68,1 %, de escribilo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Segundo a Enquisa de usos lingüísticos da poboación no Campo de Tarragona, case o 95 % desta entende o catalán, o 82,4 % sabe falalo, o 87,8 % é quen de lelo e o 68,1 %, de escribilo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no Casino1889 de Carballo, nos actos de celebración do Día dos Medios en Galego organizados pola Amega (Asociación de Medios en Galego) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os responsables de Política Lingüística da Comunidade Valenciana, Cataluña e Baleares reuníronse en Barcelona para coordinarse e impulsar estratexias de fomento do uso do catalán en diferentes ámbitos, como o audiovisual, o sanitario ou o empresarial.
Fonte: La Vanguardia
Un acordo asinado entre o Goberno do Canadá e o da provincia canadense de Ontario permitirá abrir na cidade de Toronto a primeira universidade francófona da provincia.
Fonte: Study International
Diferentes concertos no País de Gales e outros lugares de Europa celebran o Día da Música en Lingua Galesa co fin de promover a música nesta lingua e apoiar o plan do Goberno de Gales de conseguir o millón de falantes de galés antes de 2050.
Fonte: The Guardian
Das case 500 persoas que se presentaron ás primeiras probas oficiais de aragonés para os niveis B2, B1 e A2 na Escola Oficial de Idiomas de Zaragoza, conseguiu a cualificación de apto un 71,94 %.
Fonte: La Voz de Asturias
Segundo a Enquisa Social e de Condicións de Vida de 2018, o 27,9 % das persoas maiores de 15 anos que viven en Navarra ten algún coñecemento de éuscaro, porcentaxe que se eleva ata o 40 % no caso da poboación máis nova.
Fonte: Naiz
O III Premio Luís Porteiro Garea, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela, ten como obxectivos recoñecer o traballo de persoas ou organizacións que traballan a prol do uso do galego na institución compostelá e homenaxear a figura deste profesor de dereito civil.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O presidente da Asemblea Nacional de Francia, Richard Ferrand, anunciou que os rexistros civís de todo o país permitirán inscribir nomes e apelidos cos caracteres propios das linguas minorizadas de todo o estado.
Fonte: Jornalet
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Gres, na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, na presentación da V edición do Concurso Balbino de Relatos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín