Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de febreiro de 2020

    O Concello de Laudio impulsa un programa composto de vinte sesións formativas que ten como obxectivo a integración e a capacitación lingüística da xente nova do colectivo migrante que vive na localidade para que aprenda éuscaro.

    Fonte: Deia

    05 de febreiro de 2020

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua acaba de publicar en YouTube as oitos intervencións da última edición do evento LGx15, unhas charlas breves que compilan ideas, experiencias e recomendacións que poden mellorar o futuro do galego.

    Fonte: CulturaGalega

    05 de febreiro de 2020

    Xulio Sousa, membro do Instituto da Lingua Galega (ILG), acaba de publicar na revista Languages un estudo que mostra que a localidade onde se fala unha variante do galego máis parecida ao estándar é A Lama (Pontevedra), cun 82,09 % de semellanza, mentres que as maiores diferenzas se observan na localidade leonesa de Pombriego, na que a variedade falada só se asemella nun 34,29 % ao galego normativo.

    05 de febreiro de 2020

    O alumnado da escola primaria Lochhaber, nas Terras Altas de Escocia, publicou un vídeo para animar unha persoa falante de gaélico escocés a presentarse ao posto para dirixir o centro.

    Fonte: The Press and Journal

    05 de febreiro de 2020

    Unha columnista galesa que vive en Londres, Zoe Williams, fixo uns comentarios nun artigo publicado no xornal The Guardian nos que afirmaba que aprender galés era unha actividade inútil. Ante a gravidade do comentario, as críticas non se deixaron esperar nas redes sociais.

    Fonte: Nation Cymru

    04 de febreiro de 2020

    Dende as direccións dos centros públicos co modelo D animan as familias de orixe estranxeira a escoller o ensino en éuscaro, unha opción de inmersión lingüística que garante o bilingüismo no alumnado ao finalizar a escolarización.

    Fonte: Noticias de Navarra

    04 de febreiro de 2020

    Segundo un estudo realizado con alumnado de bacharelato de Ondarroa, un 85 % da mocidade de entre 16 e 18 anos utiliza o éuscaro nas redes sociais, principalmente no Whatsapp e Instagram.

    Fonte: El Correo

    04 de febreiro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, participaron no IES Afonso X O Sabio de Cambre (A Coruña) na clausura do programa de dinamización lingüística “21 días co galego e +”.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de febreiro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o profesor e filósofo Marcelino Agís Villaverde na presentación da súa obra Anatomía do pensar. O discurso filosófico e a súa interpretación. Volume 1: O discurso filosófico.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de febreiro de 2020

    A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten aberta a convocatoria de axudas para o fomento da lingua galega no ensino, tanto para centros de titularidade privada como para centros de titularidade pública, que verán incrementada en 50 000 euros a contía destinada a este fin.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder