A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a terceira edición do certame de microrrelatos, dun máximo de 200 palabras, que naceu en 2018 co obxectivo de reforzar a presenza do galego en internet.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Voluntariado pola Lingua busca participantes reais no programa para que protagonicen a súa nova campaña publicitaria.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A terceira versión do Aragonario, un proxecto impulsado polo Goberno da comunidade, chegou ás 23 212 entradas en castelán coa súa correspondencia en aragonés, ademais das súas respectivas variedades comarcais, coa incorporación de 5404 novas entradas.
Fonte: Diario del Alto Aragón
O consello de goberno das Hébridas Exteriores de Escocia priorizará a inscrición directa de alumnado de primaria en escolas de inmersión en gaélico como medida para promover e salvagardar a lingua vernácula.
Fonte: The Conversation
A demanda por aprender a segunda lingua oficial de Portugal, o mirandés, é bastante elevada en Lisboa e iso malia a falta de apoio institucional pola súa promoción.
Fonte: Diário de Notícias
Un informe elaborado pola oficina do Comisario da Lingua Galesa revelou que a empresa ferroviaria Transport for Wales incumpriu a norma en materia lingüística 6 veces ao non ofrecer servizos en galés e ao tratar a lingua inglesa dun xeito máis favorable.
Fonte: BBC
Un acordo asinado entre a embaixada do Brasil en Angola e a Universidade Agostinho Neto de Luanda permitirá que o país suramericano apoie a área do ensino da lingua portuguesa.
Fonte: TPA
O representante do BNG no Congreso dos Deputados denuncia que o Estado segue a incumprir a legalidade e non respecta a forma oficial dos topónimos galegos, como así o demostra a nova web da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface), adscrita ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública.
Fonte: Galicia Confidencial
Segundo comunicou a directora operativa dos Servizos Informativos da CRTVG, os cambios no servizo de asesoramento lingüístico da canle pública teñen como obxectivo mellorar a calidade do idioma no conxunto da emisión.
Fonte: Galicia Confidencial
Vaughan Williams, un concelleiro da cidade galesa de Caergybi (Holyhead en inglés), avoga pola protección legal dos nomes en galés das casas ou vivendas tradicionais co fin de garantir a preservación do patrimonio e a memoria histórica.
Fonte: BBC
Boletín
Subscríbase ao boletín


