Ata o 10 de febreiro está aberto o prazo para votar os semifinalistas dos XII Premios MIN da Música Independente, entre os que se atopan quince propostas de diferentes estilos que optan ao mellor álbum en galego.
Fonte: Culturagalega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Ata o 10 de febreiro está aberto o prazo para votar os semifinalistas dos XII Premios MIN da Música Independente, entre os que se atopan quince propostas de diferentes estilos que optan ao mellor álbum en galego.
Fonte: Culturagalega
O delegado do Goberno en funcións das illas Baleares mantivo unha reunión con representantes da Garda Civil e a Policía Nacional, así como do Goberno do arquipélago, na que se comprometeu a potenciar a lingua catalá entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Fonte: Teleprensa
O 7 de febreiro celébrase o Día dos Medios en Galego, unha data para reivindicar a importancia dos medios nesta lingua na que se conmemora a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego en 1876: O Tío Marcos d’A Portela.
Fonte: Galicia Confidencial
Co título de La filha de Bercingetorix aparecerá nas librarías portuguesas o novo álbum en lingua mirandesa dos heroes galos Astérix e Obélix.
Fonte: SAPO 25
Os gobernos autonómicos de Euskadi, Cataluña, Galicia, Valencia, Navarra e Illas Baleares entregarán o próximo 20 de febreiro en Madrid o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español concedido á artista Guadi Galego polo seu último traballo Immersion o pasado mes de novembro en Bilbao, na xuntanza ordinaria da Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística no que participan as seis comunidades con linguas propias.
Unha organización solicítalle ao Goberno do Principado o emprego do asturiano nas campañas e as marcas das Indicacións Xeográficas Protexidas, Consellos Reguladores e Denominacións de Orixe, ademais de na campaña de “Alimentos do Paraíso”.
Fonte: 20minutos
A Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca os cursos preparatorios das probas de acreditación do Celga nas modalidades tanto presenciais coma en liña para o ano 2020.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse en Lisboa coa directora xeral da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), Georgina Benrós Mello, para abordar a forma da posible integración de España como Observador Asociado deste organismo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Mesa Sectorial de Educación decidiu crear un grupo de traballo, que estará integrado por representantes do Goberno, os sindicatos e a Universidade das Illas Baleares, para actualizar o decreto que regula a competencia lingüística en catalán do persoal docente non universitario.
Fonte: La Vanguardia
A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a terceira edición do certame de microrrelatos, dun máximo de 200 palabras, que naceu en 2018 co obxectivo de reforzar a presenza do galego en internet.
Subscríbase ao boletín