Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de xaneiro de 2020

    A ordenanza de normalización lingüística do Concello de Gondomar, aprobada definitivamente no pleno do mes de xaneiro, ten como obxectivos incorporar o galego en todos os ámbitos da vida municipal e impulsar a normalización do seu uso no conxunto da sociedade.

    Fonte: Faro de Vigo

    27 de xaneiro de 2020

    Co gallo da celebración o 24 de xaneiro do Día do Punto Voado (Dia del Punt Volat), ponse en marcha unha campaña para dar a coñecer este signo emblemático do catalán co obxectivo de que a organización internacional Unicode o inclúa na súa páxina de signos patrocinados.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    27 de xaneiro de 2020

    O grupo de investigación para o estudo da variación do éuscaro, Eudia, da Universidade do País Vasco realizou o estudo Euskalkien sailkapen berria no que distinguen tres dialectos desta lingua: o occidental, o central e o oriental.

    Fonte: EiTB

    27 de xaneiro de 2020

    O Pub Gatos acolle o venres 31 de xaneiro o concerto Presume de Galego, organizado polo alumnado do IES de Melide. Esta iniciativa, que chega así á súa cuarta edición, insírese nun proxecto educativo transversal cuxo obxectivo é fomentar a socialización en galego da mocidade a través da música.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    27 de xaneiro de 2020

    A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou o CEIP Raíña Fabiola (Santiago de Compostela), onde se reuniu cun grupo de representantes da Entidade para a Lingua Frisoa (DINGtiid), organización non gubernamental que ten atribuídas as funcións de asesoría ao goberno da rexión de Frisia (Países Baixos) en materia de política lingüística. Na reunión participou tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    27 de xaneiro de 2020

    O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, participou, no Centro Cultural Torrente Ballester, na inauguración da mostra "Imaxe de cen anos", coa que o Concello de Ferrol abre o ano dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de xaneiro de 2020

    Un estudo realizado pola oficina estatística do Canadá revela que entre 2006 e 2016 aumentou o bilingüismo inglés-francés nas familias canadenses grazas aos programas de inmersión.

    Fonte: Global News

    24 de xaneiro de 2020

    A longametraxe do director Lois Patiño Lúa Vermella estrearase na Berlinale, o Festival de Cinema de Berlín. O filme, rodado en galego, foi seleccionado pola Berlinale xunto a outros títulos de varios países.

    Fonte: CRTVG

    24 de xaneiro de 2020

    O ministro de Cultura de Cabo Verde, Abraão Vicente, declarou que quere abrir un debate a nivel institucional para considerar ou non o crioulo como lingua oficial do país.

    Fonte: Mundo ao Minuto

    24 de xaneiro de 2020

    O Senado do Brasil recibiu dúas propostas lexislativas que promoverían o uso da lingua de signos brasileira. A primeira introduciría a lingua de signos como primeiro idioma nas escolas para o alumnado xordo e a segunda garantiría a inclusión de contidos relativos á lingua de signos para todo o alumnado indistintamente de se é xordo ou non.

    Fonte: Tupi.fm

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder