O presidente da Asemblea Nacional de Francia, Richard Ferrand, anunciou que os rexistros civís de todo o país permitirán inscribir nomes e apelidos cos caracteres propios das linguas minorizadas de todo o estado.
Fonte: Jornalet
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O presidente da Asemblea Nacional de Francia, Richard Ferrand, anunciou que os rexistros civís de todo o país permitirán inscribir nomes e apelidos cos caracteres propios das linguas minorizadas de todo o estado.
Fonte: Jornalet
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Gres, na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, na presentación da V edición do Concurso Balbino de Relatos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
En 2019 o Dicionario da Real Academia Galega superou os 25,8 millóns de buscas, o que significa unha media de máis de 70 000 diarias e un incremento do 18,3 % con respecto a 2018.
O presidente do Instituto Camões, Luís Faro Ramos, desprazouse a Roma para inaugurar na Universidade Internacional de Roma a cátedra Vasco da Gama, a décimo terceira deste tipo en Italia.
O certificado de acreditación da lingua galega (Celga) universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 (B1) na modalidade de teleformación, tal e como anunciou o Goberno galego hai un ano, cando avanzou que antes do remate da lexislatura estarían implementados e en funcionamento todos os cursos preparatorios das probas de acreditación dos catro primeiros niveis Celga.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O “Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica I” está destinado ao alumnado da Facultade de Dereito, onde se desenvolverán as sesións os días 19, 20, 26 e 27 de febreiro; e 4, 5 e 11 de marzo de 2020.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Este pequeno dicionario para turistas recolle palabras e frases básicas en éuscaro que poden serlles de utilidade, como saúdos, medios de transporte, termos relacionados coa hostalería etc.
Fonte: Gipuzkoagaur
A Deputación da Coruña publicou a convocatoria de axudas dirixidas ás entidades locais para a creación, mantemento e reforzo dos seus servizos de normalización lingüística durante o ano 2020.
Fonte: Deputación da Coruña
No marco do proxecto WeinApp, liderado pola Universidade de Córdoba en colaboración coa Universidade de Cádiz, creouse un vocabulario vitivinícola con traducións dos termos en inglés, francés e alemán. O obxectivo desta aplicación móbil é que a linguaxe dos viños andaluces traspase as fronteiras idiomáticas.
Fonte: La Vanguardia
O Estado portugués aprobará de novo a contratación de 25 intérpretes de lingua de signos que traballarían en hospitais e centros de saúde de todo o país.
Fonte: Observador
Subscríbase ao boletín