Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de febreiro de 2020

    As entidades locais de Galicia poderán adquirir novidades editoriais en galego en formato físico para ampliar os fondos das bibliotecas de titularidade municipal grazas á convocatoria de axudas impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de febreiro de 2020

    Os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega (niveis medio e superior) convocados pola Egap contarán con modalidade presencial e teleformación e están destinados ao persoal funcionario de diferentes Administracións.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de febreiro de 2020

    O programa BIKEE-Bizkaian Kirola Ere Euskaraz estenderase a todas as persoas relacionadas co deporte en Biscaia. Como agradecemento, a Deputación Foral agradeceu a organizacións deportivas, federacións, clubs etc. o seu labor na normalización e fomento do éuscaro neste ámbito.

    Fonte: El Diario

    11 de febreiro de 2020

    A Chunta Aragonesista trasladou unha iniciativa ao Senado, a través dun senador de Compromís, que ten como obxectivo lograr o recoñecemento profesional do persoal docente que imparta aragonés ou catalán no ensino obrigatorio en Aragón.

    Fonte: AraInfo

    11 de febreiro de 2020

    Representantes da Mesa pola Normalización Lingüística reuníronse co presidente do Parlamento para presentarlle a campaña 'Falar galego é saudábel', unha iniciativa coa que pretenden reivindicar unha atención sanitaria en lingua galega.

    Fonte: Galicia Confidencial

    11 de febreiro de 2020

    Cos Premios á calidade lingüística recoñécense os mellores traballos académicos, fin de grao (TFG) e fin de mestrado (TFM) redactados en lingua galega no presente curso académico.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    10 de febreiro de 2020

    A asociación Collectiu Occitan conseguiu levar á Asemblea Nacional de Francia unha proposta de lei para garantir a presenza diaria do occitano na televisión pública.

    Fonte: Jornalet

    10 de febreiro de 2020

    A longametraxe coreana Parasitos, dirixida por Bong Joon Ho, fixo historia ao se converter na primeira produción filmada nunha lingua diferente do inglés en gañar o Óscar ao mellor filme. Ademais deste, recibiu outros tres Óscar: mellor dirección, mellor película internacional e mellor guión orixinal.

    Fonte: StarTribune

    10 de febreiro de 2020

    A convocatoria de axudas para o libro galego está dirixida tanto á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego como á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    10 de febreiro de 2020

    Segundo os datos ofrecidos por O Cartafol Dixital relativos aos usos lingüísticos na actividade docente da Universidade de Santiago no curso 2019-2020, case as tres cuartas partes das materias impártense en castelán, mentres que o galego se reduce a un 21,04 % e outros idiomas estranxeiros, o 4,18 %.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder