O teatro nacional D. Maria II de Lisboa acollerá a estrea da obra teatral A menor língua do mundo que fala das linguas en extinción en Portugal.
Fonte: Sábado
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O teatro nacional D. Maria II de Lisboa acollerá a estrea da obra teatral A menor língua do mundo que fala das linguas en extinción en Portugal.
Fonte: Sábado
Acaba de abrir o prazo para a presentación de obras literarias para o Oceanos-Prêmio de Literatura em Língua Portuguesa, un dos certames de literatura máis importantes entre os países lusófonos. Poderán presentarse novelas, libros de poesía, contos, crónicas e obras dramáticas publicados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.
Fonte: Diário do Nordeste
O Consello do Audiovisual de Cataluña reclama que a transposición da nova directiva de servizos de comunicación audiovisual impulse a presenza de contidos en catalán nos catálogos das plataformas de vídeo baixo demanda como Netflix.
Fonte: La Vanguardia
Segundo unha enquisa realizada por Aenkomer en colaboración coa Deputación de Áraba a 330 establecementos de comercio e hostalería, un 58,18 % destes (192) conta con, polo menos, unha persoa capaz de entender éuscaro.
Fonte: El Correo
O Plan de normalización de uso do éuscaro para o período 2018-2022 aprobouse en sesión plenaria despois de sufrir un importante atraso que provocou a prórroga do anterior plan ata a data.
Fonte: El Diario Vasco
A campaña, que ten como lemas 'Nel mio conceyu, na mio llingua' ou 'Nel meu conceyo, na mio llingua', busca que a cidadanía, a través dun modelo de solicitude, reclame o uso do asturiano e do galego-asturiano por parte dos seus concellos.
Fonte: Galicia Confidencial
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora adxunta á Dirección Xeral da CRTVG, Rosa Vilas, participaron, no Pazo de San Roque, no acto de entrega dos Premios a curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”, organizados pola Xunta de Galicia en colaboración coa CRTVG e con OQOeditora e que chegan con esta á súa oitava edición.
Co obxectivo de amosar o rexeitamento que sofren algunhas persoas por usaren o galego, a conta de Twitter @Cadahiacurrelos puxo en marcha unha iniciativa na que anima a cidadanía a denunciar estes casos.
Fonte: Galicia Confidencial
O Goberno de Aragón acaba de presentar as versións en probas de TraduZe, un tradutor automático do aragonés. Así mesmo, desenvolveuse un prototipo da síntese vocal para esta lingua que, entre outros usos, poderá servir para a lectura automática de información turística.
Fonte: El Periódico de Aragón
O Municipio de Viana do Castelo imparte clases gratuítas de portugués co obxectivo de incrementar os coñecementos desta lingua na poboación migrante que reside ou traballa na zona. Desde que se iniciou o proxecto, os cursos acolleron persoas de 49 nacionalidades diferentes. Actualmente están inscritas 134 persoas.
Fonte: Rádio Alto Minho
Subscríbase ao boletín